Manos Unidas 2014
Enviado por admin o Lun, 06/09/2014 - 15:26
"Premio de Relatos para niños y jóvenes Manos Unidas 2014"
Tras as reunións dos xurados dos Premios Mans Unidas, resultou elixida gañadora a nivel nacional da 4ª edición da modalidade de Relatos para nenos e xoves baixo o lema “Un mundo nuevo, proyecto común” a nosa alumna de 6º, Mª Elena Regueiro García co seu relato:
“Lejos, pero cada vez más cerca”
O xurado valorou o traballo de investigación levado a cabo por Elena para situar a historia, ademais da coidada redacción, o contido e a estrutura do relato.
O obxectivo que guía a Mans Unidas a convocar estes premios de relatos é o de contribuír á sensibilización acerca da realidade na que viven millóns de persoas nuns países que, aínda que afastados, non deberían sernos indiferentes.
A entrega dos premios terá lugar o 25 de xuño, ás 19:00 h, no Salón de Actos do Edificio Beatriz de Madrid.
A nosa máis sincera noraboa para Elena e animámola a seguir por esa senda literaria na que cremos ten futuro.
Máis información en: http://www.manosunidas.org/noticia/premiosmanosunidas