blogues
Blog en lingua galega
Enviado por admin o Dom, 06/22/2014 - 22:44Concurso de Blogs en Lingua Galega
Os centros de Educación Infantil e Primaria Concepción Arenal, Eusebio da Guarda e Ramón de la Sagra foron os gañadores da primeira edición de Blogues en Lingua Galega convocada polo Concello da Coruña e dirixida a escolares coruñeses de Primaria e centros de Educación Especial, coa finalidade de fomentar a creatividade nas redes sociais, potenciar a comprensión e a expresión oral e escrita en lingua galega, creando e desenvolvendo un blog de temática libre dentro da aula escolar.
- O primeiro premio foi para o blog As pequenas periodistas, creado por un grupo de cinco alumnas e alumnos de 4º de Primaria doCEIP Concepción Arenal.
- O segundo premio, foi para o blog De todo un pouco, elaborado por un grupo de tres alumnas de 6º de Educación Primaria do CEIP Eusebio da Guarda.
- O terceiro premio obtívoo o blog Bolboreteando, elaborado por escolares e profesores de 4º de Primaria do CEIP Ramón de la Sagra.