Skip to Content

Orquestra do Bragade

ORQUESTRA DO BRAGADE

A Orquestra do Bragade é unha iniciativa que nace no curso 2017/2018 por iniciativa do mestre de música, Israel Arranz. Trátase dun espazo de 30 minutos dalgúns dos recreos semanais (de 12:20 a 12:50) no que o alumnado de 2º a 6º Primaria (inscrito voluntariamente no mes de setembro) toca e canta en conxunto a través de diferentes metodoloxías, destacando a Orff-Schulwerk e J. Wuytack, tendo a percusión como núcleo central, desenvolvendo obras dende populares, tradicionais, rock, jazz, latin-jazz, latinas, clásicas, etc., ata incluso vangardas musicais como minimalismo, música aleatoria, etc.


Orquestra do Bragade, foto oficial (curso 2017/18)

 

Interpretación pola ORQUESTRA DO BRAGADE dunha selección da Banda Sonora de "STAR WARS" (John Williams) no curso no curso 2018/19 na aula de música do CEIP PLURILINGÜE BRAGADE, Cesuras.  

 

Orquestra do Bragade, foto oficial (curso 2018/19)

 

Pequeno documental-noticiairo da ORQUESTRA DO BRAGADE co motivo do seu concerto do curso 2018/19 (14/05/2019) no Salón de actos do CEIP PLURILINGÜE BRAGADE, Cesuras. 

 

Momento dun ensaio da Orquestra do Bragade antes da COVID (curso 2019/20) 

 

Interpretación pola ORQUESTRA DO BRAGADE da composición "BAQUETAS EN CONTRA" (de Israel Arranz) no curso no curso 2020/21 no Salón de actos do CEIP PLURILINGÜE BRAGADE, Cesuras. 

 

Interpretación pola ORQUESTRA DO BRAGADE de "THE PINK PANTHER" ("A Pantera Rosa") (de Henry Mancini) no curso 2021/22 na clase de música do CEIP PLURILINGÜE BRAGADE, Cesuras. 

 

Interpretación pola ORQUESTRA DO BRAGADE de "SUPER MARIO BROS." (de Kondo Koji) no curso 2023/24 na clase de música do CEIP PLURILINGÜE BRAGADE, Cesuras.

Distribuir contido


by Dr. Radut