Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Nadal en Centieiras!

Bo día!

O xoves 22 de decembro será un día moi especial. Este é o horario do que vai pasar:

9:00-11:00 Xogos nas aulas coa participación das familias (inscripción previa)

11:00-11:15 Merenda

11:15-11:45 Recreo

12:00 Badaladas coa participación das familias que se queiran achegar. Sorteo da ANPA. Christmas Market

12:15 Invitado especial en Centieiras

 

Xogos na aula

Dependendo do nivel, as persoas titoras teñen organizadas distintas actividades coa colaboración das familias. Vai ser fenomenal!

Badaladas

As nosas presentadoras guiarannos neste fin de ano escolar e poderemos comer as uvas/gusanitos todos xuntos ao ritmo das campás.

Christmas Market

Os nenos e nenas de sexto de primaria, xunto coas súas familias, levan traballando arreo durante todo o trimestre para ofrecernos un mercado de nadal onde poder mercar adornos e outras cousas realmente bonitas e poder así recadar diñeiro para a excursión de fin de curso. Aquí tedes unha mostra das marabillas realizadas! O mercado estará no cole na pista cuberta do centro a partir das 12:00h

 Recordade que todas as persoas que queiran levar aos seus fillos/as antes da hora de finalización das clases deben asinar ás persoas titoras unha xustificación (temos xa un documento, é buscar ás titoras e deixar asinado.