Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Sesión de formación final de #mestradeobra

Os alumnos e alumnas do centro están totalmente inmersos en ser arquitectos e arquitectas, deseñado o cole no que lles gustaría aprender. Esta é a actividade do terceiro trimestre coa que eles e elas finalizan as actividades de #mestradeobra.

Grazas a Dani e a Regino (o pai de Vera e Pablo e un achegado da profe Cris) temos o edificio do cole de Centieiras impreso en 3D! A partir del, os nenos e nenas idearon, deseñaron e fabricaron "a escala" o que querían que tivera cada recanto do exterior do cole. Así que niso estamos, pegando, cortando, construindo e creando!

En Centieiras os xoves arquitectos e arquitectas non paran. Agora, a piques de rematar o terceiro trimestre teremos a formación final de mestra de obra para os e as maiores da comunidade educativa. Para elo, o xoves 20 teremos unha sesión presencial no centro de 16 a 19h á que estades invitados e invitadas. Debido ás medidas Covid-19, temos un aforo de 25 persoas polo que novamente necesitamos que as persoas interesadas envíen un correo a ceip.ascentieiras@edu.xunta.gal no que iranse enchendo por orde de recepción dos correos.

 

Moitas grazas e bo día!