Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Construíndo clepsidras
Repasando un pouco de historia limos nun texto sobre un día na vida dun romano que medían o tempo cunha clepsidra, o invento xa viña dos gregos, investigamos e atopamos como facer unha sinxela cos materiais que temos hoxe en día. As familias axudaron un pouco e as levamos a clase para ver se funcionaban, a verdade medían os minutos bastante ben.
CLEPSIDRA: Instrumento para medir o tempo, que se basea na regularidade de descenso do nivel de auga contido nun recipiente ao pasar a outro a través dun pequeno orificio.