Skip to Content

Vida Activa e Deportiva PVDA

PUMPTRUCK

Visitamos o complexo deportivo de PUMP-TRACK MONTERREI

 

 

XOGADE

Xuntos na Xornada Multideporte organizado por XOGADE, carreras, deporte e diversión sin igual

 

 

 

 

Manzaneda 2023

Como cada ano volvimos a Manzaneda a disfrutar da neve, esta vez non houbo moita pero a diversión e as risas quedaron aseguradas

 

Barco Dragón

Seguimos coas actividades na auga, esta vez tocoulle ao alumnado de 6º de primaria en Castrelo de Miño unha experiencia co barco Dragón

Recollida de premios PILABOT

Este venres 16 de xuño estivemos en Santiago de Compostela en MUPEGA na entrega de premios de PILABOT recollendo o noso 1º premio na recollida de pilas, un orgullo recibir o primeiro premio e poder contar co apoio de todas as familias e con todo o pobo de Cenlle, GRAZAS

Piragüísmo en Barbantes

 

Alumnos e profesores do colexio Carmen García Carrasco de Cenlle, desfrutaron dunha xornada de ocio e deporte cunha visita ás Ribeiras do Río Miño o seu paso por Cenlle, dende Laias a Barbantes.

Comenza a xornada cunha visita ás instalacións das que dispoñe o Centro de Entrenamento de Laias, Arnoia e Castrelo de Miño no Hotel Balneario de Laias Cadaria, onde foron recibidos polos Técnicos de Piragüismo Ourense, Pablo Atrio e Javier Chao e pola entrenadora e responsable Técnica del Cerlac, Susana Lusquiños, que explicaron as diversas modalidades que se poden practicar no mundo do piragüismo.

 

 

 

 

 Pero o momento máis esperado foi cando entraron na auga!!!

 

 

Campo a través en Ribadavia 2022

Dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia, organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro, coa colaboración do Consello Municipal de Deportes, celebrouse nas instalación do Complexo O Xestal e Área Recreativa A Veronza o martes 29 a carreira de Campo a través na que esta vez tivemos moitos gañadores, 

FELICIDADES A TODOS/AS 

 

 

Participamos na carreira solidaria UNOENTRECIENMIL

 SE QUERES VER O XUSTIFICANTE DO NOSO INGRESO FAI CLIC AQUI

Agora xa fixemos a nosa aportación a "La Vuelta Al Cole de Unoentrecienmil" que é unha carreira solidaria que se organiza nos coles dende fai sete años. O seu propósito é sensibilizar e recadar fondos para lograr a cura da leucemia infantil.

 ¡ÚNETE AO MAIOR MOVEMENTO ESCOLAR CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL!

 

Xogos Tradicionais galegos

Consello da Cultura Galega é unha institución estatutaria creada polo Estatuto de Autonomía de Galicia para promover e difundir a lingua e a cultura galega e asesorar ás Administracións neses ámbitos

Aqui os deixamos un montón de xogos populares, que algun deles xa os xogaremos o próximo mércores no cole!!!

 

Fai CLIC na imaxe

 

 

Carreira solidaria

La Vuelta Al Cole de Unoentrecienmil é unha carreira solidaria que se organiza nos coles desde fai sete anos. O seu propósito é sensibilizar e recadar fondos para lograr a cura da leucemia infantil.

Dende O NOSO COLE QUEREMOS UNIRNOS e INVITARVOS a carreira na que correremos polas rúas de Cenlle e así conseguir que todos os peques enfermos de leucemia poidan volver ao cole. 

EN BREVE OS INFORMAREMOS DA DATA E DO PERCORRIDO DA CARREIRA

 


Distribuir contido


by Dr. Radut