You are here


PROCEDEMENTO ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2024-2025 sticky icon

Prazo de solicitude:

  • Do 1 de marzo ao 20 de marzo (inclusive)

Horario:

  • 9:15 - 14:00  Lúns a Venres.
  • 16:30 - 18:00  Martes

Criterio do centro:

  • Sumarán un punto máis aquelas solicitudes que obteñan a máxima puntuación no criterio de domicilio familiar dentro da área de influencia do centro. (De selo caso teredes que indicalo no apartado de criterios)

Onde presentar a solicitude

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR E CONSENTIMENTO DO PROXENITOR/A, de selo caso, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

Documentación a presentar coa solicitude .

  • Documento acreditativo do alumno (Fotocopia do DNI, Libro de Familiar, NIE, Pasaporte....)
  • Fotocopia do DNI, Libro de Familiar, NIE, Pasaporte, do (Pai, nai, o titor legal).

****  Se existen mais solicitudes que prazas, dará comezo a baremación dos criterios alegados na solicitude e abrirase un prazo de 10 días para a entrega da documentación correspondente.

Información para as familias.

Normativa relacionada.

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550B)
  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

NOVAS SOBRE A RESERVA DA 1º ESO NO IES EDUARDO PONDAL PARA O CURSO 2024-2025 sticky icon

Estimadas familias: Segundo as novas recibidas, todo o alumnado de 6º Primaria que presentou a solicitude de reserva para cursar 1º ESO no vindeiro curso 2024-2025 foi admitido no IES Eduardo Pondal.

Terán que facer a matrícula no período de xuño-xullo.

Para calquera aclaración ou dúbida rogamos se dirixan ao IES Eduardo Pondal.  

Administración.

 

OFERTA PROVISIONAL DE VACANTES PARA O CURSO 2024-2025 sticky icon

Oferta provisional de vacantes para o próximo curso escolar 2024-2025.

 

 

CURSO

Prazas Apoio Educativo

PRAZAS

4º EI (3anos)

9

40

5º EI (4 anos)

 

0

6º EI (5 anos)

 

0

1º EP

6

0

2º EP

 

0

3º EP

 

0

4º EP

 

0

5º EP

 

9

6º EP

 

0

 

 

 

NOFC. NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO. sticky icon

Publicación da NOFC (Normas de organización e funcionamento do centro)

Despois de ser aprobado:

  • Claustro o 30 de xaneiro de 2024
  • Consello Escolar o 31 de xaneiro de 2004.

Publicase na páxina a nova NOFC.

CALENDARIO PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO SOSTIDO CON FONDOS PUBLICOS. sticky icon

Procedemento ED550A.

RESERVA DE PRAZA en centro docente sostido con fondos públicos.(SOAMENTE E VÁLIDO PARA A RESERVA NO IES EDUARDO PONDAL)

Prazo

 15/01/2024 - 05/02/2024

 O prazo de presentación de solicitudes de reserva (ED550A) comprende entre os días 15 de xaneiro e 5 de febreiro (ambos incluídos).

Lugar de presentación de solicitudes.

Documentación para a presentación

- Solicitude segundo o Anexo I da Orde.

- Anexo I-bis (Comprobación de datos e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora).

- Documento acreditativo da representación, de selo caso.

- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento, de selo caso.

Comprobación de datos .

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.

- DNI/NIE da persoa solicitante.

- DNI/NIE da persoa representante

 

Formularios .

 - Solicitude en Galego.

- Solicitude en Castelan.

 

INCIDENCIA sticky icon

Por mor da tormenta, o centro está incomunicado , non funcionan os telefonos nin o timbre exterior.

Sentimos as molestias.

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN DE NADAL 2023 sticky icon

Información as familias e anpas.

Inscrición no Programa de conciliación Nadal 2023


PRAZO E INSCRICIÓN

Abrirase un prazo de inscrición e matrícula entre os días 31 de outubro e o 9 de novembro de 2023 (ambos os dous incluídos).

As solicitudes presentaranse segundo modelo normalizado ben por medios electrónico;

  • De xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende, 4) ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • A través da sede electrónica do Concello de Santiago https://sede.santiagodecompostela.gal/ escollerase o trámite “Inscrición nos programas de conciliación do Departamento de Educación” dentro do catálogo de trámites.

Fondo Libros curso 2024-25

Fondo Libros curso 2024/2025

Listado provisional.

Listado definitivo.

Entrega Vales para 1º e 2º EP.

Libros e material escolar 23-24

LIBROS DE TEXTO Y MATERIAL ESCOLAR | CEIP MARÍA DEL CARMEN FERNÁNDEZ MELIÁN

Libros de texto

Material

(Listaxe a proporciona o titor/a)

 

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

EDLG  QUIROGA PALACIOS

 AbalarMóbil

Portada

ANPA ATHENEA