You are here


OFERTA DE PRAZAS PARA O CURSO 2022-2023 sticky icon

 

Curso

Num. prazas ofertadas

Num. Prazas Apoio Educativo

Vacantes

4º Inf.

50

6

50

5º Inf.

50

0

1

6º Inf.

75

0

6

1º Pri.

50

6

0

2º Pri.

75

0

14

3º Pri.

50

0

2

4º Pri.

50

0

0

5º Pri.

50

0

0

6º Pri.

50

0

0

PROBLEMAS TÉCNICOS COA LIÑA DE TELÉFONO DO CENTRO sticky icon

Estamos a ter problemas técnicos coa liña de teléfono do centro e non nos chegan todas as chamadas. Para calquera consulta poñemos a disposición estes medios de contacto:

  •  teléfono móbil: 679.519.493

 Disculpen as molestias

 A Dirección

 

RESERVA DE PRAZO PARA CURSAR 1º ESO NO IES EDUARDO PONDAL sticky icon

Prazo de presentación de solicitudes: 11 de xaneiro ata 8 de febreiro

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

     

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

     

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

LISTAXE PROVISIONAL “DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS” sticky icon

Publicada a listaxe provisional de “Distribución Máscaras”, dita listaxe está dispoñible no taboleiro interior do centro.

 

 A Dirección.

 

CONVOCATORIA PARA A DISTRIBUCIÓN DE MASCARAS sticky icon

Orde do 6 de novembro de 2020, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertado no curso 2020/21, (Código ED330E)

  Beneficiarios:

  1. Alumnos que fosen beneficiarios da axuda para adquirir material escolar (50€) neste curso 2020-21.

  2. Que non fosen beneficiarios da axuda por diferentes circunstancias, pero:

    1. Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior 6.000€

    2. Este matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual o superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

 Procedemento:

  1.  Os beneficiarios do punto 1, non teñen que presentar solicitude algunha
  1. O alumnado recollido no punto 2, deberá presentar a seguinte documentación do procedemento ED330E, na secretaría do centro.

  Documentación:

  1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

    1. Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

    2. Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

      • En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

      • Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

        • Certificado de volante de convivencia.

        • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Prazos:

  •  Para presentar as solicitudes: dende o 16 de novembro ao 27 de novembro de 2020 (inclusive)

 Horario entrega solicitudes:

  •  9:45 h ata 13:45 h

 

ANEXO VI: PLAN DE CONTINXENCIA sticky icon

Plan de continxencia do CEIP P. Cardeal Quiroga Palacios.

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSOS 2020-2021 sticky icon

Plan de adaptación á situación COVID 19 no curso 2020-2021