You are herePROCEDEMENTO ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2024-2025

PROCEDEMENTO ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2024-2025


By quirogapalacios - Posted on 27 Febreiro 2024

Prazo de solicitude:

  • Do 1 de marzo ao 20 de marzo (inclusive)

Horario:

  • 9:15 - 14:00  Lúns a Venres.
  • 16:30 - 18:00  Martes

Criterio do centro:

  • Sumarán un punto máis aquelas solicitudes que obteñan a máxima puntuación no criterio de domicilio familiar dentro da área de influencia do centro. (De selo caso teredes que indicalo no apartado de criterios)

Onde presentar a solicitude

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR E CONSENTIMENTO DO PROXENITOR/A, de selo caso, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

Documentación a presentar coa solicitude .

  • Documento acreditativo do alumno (Fotocopia do DNI, Libro de Familiar, NIE, Pasaporte....)
  • Fotocopia do DNI, Libro de Familiar, NIE, Pasaporte, do (Pai, nai, o titor legal).

****  Se existen mais solicitudes que prazas, dará comezo a baremación dos criterios alegados na solicitude e abrirase un prazo de 10 días para a entrega da documentación correspondente.

Información para as familias.

Normativa relacionada.

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550B)
  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

AdxuntoTamaño
ED550B-C-20222023-3.pdf1.4 MB
ED550B-G-20222023-5.pdf1.39 MB
Decreto do 13_2022, do 3 de febreiro.pdf545.72 KB
Orde do 21 de outubo de 2022.pdf1.6 MB
Orde do 26 de maio de 2023.pdf1011.92 KB
Información para as familias.pdf441.55 KB

Fondo Libros curso 2024-25

Fondo Libros curso 2024/2025

Listado provisional.

Listado definitivo.

Entrega Vales para 1º e 2º EP.

Libros e material escolar 23-24

LIBROS DE TEXTO Y MATERIAL ESCOLAR | CEIP MARÍA DEL CARMEN FERNÁNDEZ MELIÁN

Libros de texto

Material

(Listaxe a proporciona o titor/a)

 

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

EDLG  QUIROGA PALACIOS

 AbalarMóbil

Portada

ANPA ATHENEA