Ola familias.
Os nenos e nenas de 3 anos a partir desta semana, os venres, levaremos para a casa un conto da Biblioteca.
O libro deberá volver ao cole no mesmo estado no que vai para a casa.
Ola familias.
Os nenos e nenas de 3 anos a partir desta semana, os venres, levaremos para a casa un conto da Biblioteca.
O libro deberá volver ao cole no mesmo estado no que vai para a casa.
O xoves 16 de abril recibimos na Biblioteca a visita de Pepe Maestro, autor dos libros recomendados para celebrar o Día do Libro.
Aquí tendes unhas imaxes do seu paso polo Cabada Vázquez:
O pasado 21 de marzo celebrouse o DÍA MUNDÍAL DA POESÍA, como foi sábado, no Cole celebrámolo o luns 23.
Preme aquí para acceder á mensaxe da Directora Xeral da UNESCO Irina Bokova.
Para celebrar o DÍA DO LIBRO Liatantoscontos quere saber...
Cales son os vosos libros preferidos e gustaríalle que o compartades cos vosos/as compañeiros e compañeiras.
Para participar traede "O LIBRO" ao cole e deixade por escrito (máximo unha carilla dun folio) por que é especial para vós.
Como vaian chegando irémolos expoñendo no espazo habilitado para a Biblioteca na entrada do cole.
Moitas grazas por colaborar.
Saúdos
Vaise acercando o mes de abril no que, como sabedes, se celebra o DÍA DO LIBRO.
De cara a esta conmemoración vainos visitar PEPE MAESTRO, autor entre outros de:
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |