Aquí vos deixo o enlace ao video elaborado con motivo das Letras Galegas 2015, relacionado co noso PDI "Arredor dos muíños".
Aquí vos deixo o enlace ao video elaborado con motivo das Letras Galegas 2015, relacionado co noso PDI "Arredor dos muíños".
Aquí vos deixo as recomendacións lectoras para o verán.
A guía está feita en colaboración cos centros PLAMBE do Concello da Estrada: Ceip Plurilingüe de Oca, Ceip do Foxo, Ceip de Figueiroa e Ceip Cabada Vázquez.
Preme aquí ou no arquivo adxunto.
Un saúdo e bo verán!
Liatantoscontos
Traballos realizados polos rapaces e rapazas de 5º e 6º dentro do PDI "Arredor dos muíños".
Podedes ver:
Espero que aprendades moito.
Liatantoscontos
A Asesoría de bibliotecas escolares pon a disposición dos centros unhas maletas viaxeiras co fin de achegar, ao profesorado que as solicite, uns materiais que sirvan para reforzar e apoiar as súas propias iniciativas de formación no ámbito do fomento da lectura, e outras actividades destinadas ao alumnado.
Este curso recibimos por primeira vez as MALETAS VIAXEIRAS.
Dende hoxe ata o día 15 de xuño temos no cole dúas maletas moi interesantes, premendo nos seguintes enlaces podedes ver os títulos que inclúe cada unha das maletas:
e
Seguimos traballando no Proxecto Documental Integrado deste curso, ARREDOR DOS MUÍÑOS.
Próximamente publicaremos aquí unhas fotos e un curto de animación que está ultimando a mestra Irene.
Este curto está relacionado coas Letras galegas, sendo un dos personaxes Filgueira Valverde. Como todos e todas sabedes Xosé Filgueira Valverde foi o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.
Fixo unha importante recopilación do folclore galego (cantigas, historias,..) verédelo acompañado de Losada Díeguez, mestre e colaborador del, e figura importante para o Concello da Estrada xa que pasou parte da súa vida na localidade.
As figuras que aparecen no curto foron feitas polo alumnado do Cabada Vázquez.
Espero que vos guste.
Grazas profe Irene.
Liatantoscontos
18/06/2015
O xoves 16 de abril recibimos na Biblioteca a visita de Pepe Maestro, autor dos libros recomendados para celebrar o Día do Libro.
Aquí tendes unhas imaxes do seu paso polo Cabada Vázquez:
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |