Mochilas viaxeiras

Nesta semana de celebración do Día das Bibliotecas,como non podía ser menos

empezarán a viaxar as novas mochilas cargadas de soños e ilusións.Como os

últimos cursos,sairán para as casas os venres e volverán o seguinte xoves.

Aquí podedes ver a mochila de 4º de Primaria.

 

Día da Biblioteca

Para celebrar o Día da Biblioteca,decidimos homenaxear a Antonio García Teijeiro e ao seu premiado "POEMAR O MAR"e para elo os distintos cursos ilustraron un poema de este autor.

 

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

5º /6º DE INFANTIL

 

1º DE PRIMARIA

 

 

2º DE PRIMARIA

 

3º NIVEL

 

 

4º NIVEL

 

5º/6º

 
   
   
   

Aniversario de Cervantes

Ola a todos e a todas, como o venres 29 de setembro foi o aniversario de Miguel de Cervantes,dende a Biblioteca de Liatantoscontos

quixemos facerlle unha pequena homenaxe .

Na entrada do cole puxemos un cartel para recordalo e no proxecto lector pudemos saber un ppouco sobre el e a súa vida e obra.

 

 

 

NOVOS USUARIOS

No día de onte tivemos a sorte de recibir na nosa Biblioteca aos lectores máis pequenos do

cole.Entregámoslle os carnés,explicámoslle como podían acceder ao préstamo e como non podía ser de outro

xeito, a profe Mariela leulles un conto .

 

 

 

 

 

 

 

UN NOVO CURSO

 

 

 

 

   
   
   

Aquí vos deixamos unha mostra do noso inicio de curso.Mentres uns disfrutábamos do magnífico Contacontos, ANXO MOURE, outros facían xogos

populares.

IMPLICADAS

Hoxe no noso cole tivemos a sorte de contar coa visita de Susana Sánchez Aríns

integrante da ONG "IMPLICADAS", unha ONGD galega, crítica e feminista que basea o seu

traballo na procura da igualgade de xénero como piar para o desenvolvemento humano perdurable.

Aquí vos amosamos unha mostra do seu paso polo noso centro.

 

 

 

 

 

Alumnos/as coas prendas típicas das mulleres de Tiruchy (India)

 

 

RECOMENDACIONS LECTORAS

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para o verán,esperemos que vos gusten!

 

EDUCACIÓN EN IGUALDADE

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º temos a sorte de participar nun taller (de catro

sesións ) impartido por Lara Fuentes  e Kim Llobet sobre a educación en igualdade,

valor amplamente relacionado co noso proxecto  " EN FEMININO".

Traballamos dende o reparto de tarefas no fogar,ata as diferencias entre os homes e

as mulleres na sociedade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS

Durante toda a semana ,previa ás Letras,todas as aulas traballaron o autor de este ano,Carlos Casares.

Dende a Biblioteca tivemos unha exposición dos libros de este autor a disposición de todo o alumnado.

Algúns grupos fixeron murais referentes ao autor e á súa obra, que expuxemos no recanto de lectura ,que temos á entrada do cole.

 

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES

Ola amig@s!

Como xa sabedes, este ano o Día das Letras Galegas dedícaselle a Carlos Casares, autor de numerosas obras infantís e gañador de diferentes premios literarios. Na aula de 3 e 4 anos quixemos celebralo por todo o alto coa lectura do seu conto "A galiña azul", unha pequena historia sobre unha curiosa galiña que non todos aceptaban por ser diferente ás demais.

Para nós foi moi importante reflexionar sobre as nosas diferenzas, xa que resulta fundamental entender que non somos mellores por ter os ollos azuis, verdes ou marróns, nin por ter a pel máis clara ou máis escura (ao igual que no conto, no que se nos fai ver que unha galiña azul é tan válida coma as demais).

Ademais, aproveitamos a ocasión para deseñar as nosas propias portadas do libro, nas que debuxamos á galiña protagonista do conto. E tamén pintamos con acuarelas as galiñas veciñas.

Que sorte poder compartir historias tan bonitas coma esta da man de autores galegos!

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet