OS ANIMAIS DA NOSA CONTORNA

Os alumnos e alumnas de 1º-2º e os de 3º-4º, na clase de plástica fixeron estes marabillosos

animais propios da nosa contorna.

 

 

 

https://view.genial.ly/5cafaed22fe6a20f7ed6a230/genially-sin-titulo

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

O día 2 de abril celébrase o Día Mundial do Autismo, e no Ceip Cabada Vázquez quixémonos

sumar a esta campaña co obxectivo de poñer o noso graniño de area para facer unha sociedade

máis inclusiva, onde se valore e respecte a diversidade.

 

 

Arranca "Radio Codeseda" celebrando o "Día da poesía"

Celebramos o Día da Poesía no cole dando comenzo a unha nova andaina que esperemos sexa proveitosa:

"Radio Codeseda"

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Día da poesía 2019.mp31.71 MB

24 de febreiro "DÍA DE ROSALÍA"

 
ESTA É A NOSA PEQUENA CONTRIBUCIÓN PARA CONMEMORAR O NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO.
 
DENDE UNHA CONTORNA PRIVILEXIADA, A RIBEIRA DO UMIA EN CODESEDA, RECITANDO
 
"ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES"
 

OBRADOIRO FOTOGRÁFICO

No día de onte tivemos a sorte de contar coa visita do renombrado fotógrafo Antonio Nodar, nado en Baíñas pero con raíces estradenses.

Ademáis de contarnos un milleiro de cousas sobre a súa vida, tamén nos brindou con un taller fotográfico no que participamos facendo retratos de todo o cole.

 

https://view.genial.ly/5c46f9ce94a8d07c4981a6c1/genially-sin-titulo

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2018.

 

Ola. Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras, NADAL 2018.

 

 

Un saúdo.

 

Liatantoscontos.

AdxuntoTamaño
TRÍPTICO RECOMENDACIÓNS.pdf1.49 MB

Samaín 2018

Celebramos de forma conxunta o Samaín e o Magosto.

Na xornada da mañá tivemos diferentes obradoiros:

 

 

 

 

PRESENTACIÓN MÉTODO BARRUMAT

O pasado 17 outubro, tivemos unha actividade na que Mari Carmen Matalobos e Carlos Barruso nos presentaron ao alumnado e profesorado do centro o seu patentado Método de estimulación cerebral "BarruMat". O método busca conxugar o exercicio físico, a cromoloxía e a música para activar as funcións motoras e sensoriais acompañado do son, en directo, do saxo de Carlos Barruso.

 

Fixéronnos unha pequena demostración dos diferentes exercicios que levan a cabo acompañados dunha breve explicación do que se traballa en cada un deles.

Dende o centro queremos expresar o noso agredecemento pola implicación mostrada por eles en todo momento así como pola súa desinteresada colaboración.

 

 
 

 

 

 

 

O Cabada Vázquez en Radio Codeseda

Experimentamos a radio un ano máis. Desta volta elaboramos unha cuña publicitaria grazas á colaboración do noso mestre en prácticas Alberto.  Desexamos que vos guste...  Logo desta pequena experiencia, gran parte do profesorado está convencido das posibilidades que esta potente ferramenta didáctica pode ofrecer a todo o alumnado do centro; de feito, neste momento tres docentes do centro están particpando nun curso de radio escolar.  As grandes vantaxes son moi importantes  tamén para o alumnado con dificultades na expresión oral, na fluidez verbal, na escoita activa...  Sen embargo, a grande desventaxa coa que nos atopamos é que o equipamento básico co que esta actividade se puido levar a cabo, pertence na súa totalidade, ao mestre de prácticas citado anteriormente, Alberto Pereiras, que con moito interese e xenerosidade se ofreceu para sacar adiante esta iniciativa. É por iso polo que nun futuro, próximo, xa neste curso, nos gustaría atopar a posibilidade de conseguir ese equipamento para poder desenvolver e implementar unha radio escolar no noso centro.  

AdxuntoTamaño
Publicidade Radio Aarón_Marco_Xiana.mp31005 KB
Publicidade Radio Anxo_Raja_Xurxo.mp31.33 MB
Publicidade Radio Carla_Martiño_Junior.mp31.1 MB
Publicidade Radio Noemi_Pablo_Xoán.mp3877.25 KB
Publicidade Radio Rodrigo_Adrián_Aarón.mp31.13 MB

Powered by Drupal - Design by artinet