Skip to Content

Blog da Biblioteca do CEIP de Belesar

Proceso de recolocación de fondos

Estamos a enfocar o traballo de recolocación de fondos como unha cadea de montaxe. Os libros van pasando por diferentes caixas e en cada unha de elas hai que aplicarlle algunha modificación. É un proceso algo complexo pero que confiamos nos vaia a funcionar!

Deixámosvos o documento que estamos a utilizar como guía do proceso por si fora do voso interese!

Saúdos!

biblio

AdjuntoTamaño
20191000_PROCESO_recatalogacion-v03.pdf54.63 KB

Comezamos aventura!

Este vai ser un curso moi especial. No colexio decidimos recolocar tódolos libros da biblioteca para adaptar a súa catalogación á CDU simplificada proposta por Bibliotecas Escolares, diferenciar por competencia lectora e engadir palabras clave (materias) a cada libro para facilitar a súa posterior busca.

É un traballo inxente que non sabemos ben cando rematará! 

Deixámosvos os detalles no documento publicado en: "Proceso de recolocación de fondos"

BIBLIO

BIBLIO

BIBLIO

Paio e Aurelio saúdan ao cole

Paio e Aurelio saudan ao alumnado do cole, polo seu video! Moitas grazas e a soñar cos contos!

Premios BIBLIOTECA

O pasado venres acudimos todos á entrega dos Premios da Biblioteca. Algunhas clases estiveron moi reñidas e ata houbo que facer desempates , pero outras ... tiveron pouca colaboración este ano

Agardamos que o vindeiro curso estemos máis animados a participar nesta actividade ;)

De tódolos xeitos , os participantes levaron coma agasallo uns marcapáxinas e unhas chapas moi molonas das autoras traballadas

 

 

 

APADRINAMENTOS LECTORES

Hoxe , na hora de ler, comenzaron os apadrinamentos lectores un ano máis. Aproveitamos o solciño e saímos fóra a desfrutar do pracer da lectura ao aire libre. Neste caso , os nenos e nenas de Primeiro serán afillados do alumnado de cuarto 

 

 

 

CONCERTO A BANDA DOS CUEIROS

O venres día 16 de Xuño ás sete da tarde , A Banda dos Cueiros , ofrercerá un concerto no Parque das Ánimas , en Gondomar que serverá de presentación do sec libro/cd

Estades todos convidados

SOMOS IGUAIS

O pasado xoves achegóuse ata o noso Colexio Raquel Queizás co seu último traballo "SOMOS IGUAIS" O espectáculo vai facendo un roteiro entre diversos contos , algúns deles ben coñecidos por nós coma o de Arthur e Clementina que nos fan reflexionar sobre o papel das mulleres e sobre a Igualdade. Desfrutamos moitísimo con ela que , en todo momento, fixo partícipe das súas historias tanto a nenos coma a profes

Desexando que volvas , recolle un bico ben grande de todos nós

 

 

 

MUSICAL "POR ELAS"

AS FAMILIAS CONTAN

"AS FAMILIAS CONTAN HISTORIAS FERMOSAS QUE NOS LIBROS ATOPAN " Grazas a Andrea , nai de Rober e de Simón , coñecimos historia fantásticas sobre o mundo mariño e os seus habitantes. Esta actividade contóu cun axudante de narración ( Simón) un ilustrador (Robert) , e un público entregado , os fantásticos e fantásticas da clase de tres anos , e as formiguiñas da clase de Primeiro

Moitas Grazas  por compartir con nós unha actividade que achega un pouquiño máis as familias á escola

 

TEATRO NO COLE

CEIP Pombal "A GALIÑA AZUL"



by Dr. Radut