Skip to Content

Charla sobre uso responsable de redes sociais e novas tecnoloxías.

Boas familias:

Preocúpanche os perigos que pode haber nas redes sociais e internet para o teu fillo ou filla?
 
Como pais e nais necesitamos ter claros cales son os riscos aos que se enfrentan para así poder axudarlles a que teñan unha navegación segura para eles.

Un experto da garda civil virá darnos unha charla sobre o uso seguro de redes sociais e novas tecnoloxías o venres 1 ás 17:45 horas. Trátase dunha charla gratuíta dirixida a pais e nais do alumnado do noso colexio.

Animádevos a asistir, só tendo toda a información posible poderemos axudarlles

 



page | by Dr. Radut