Skip to Content

ASINAR PARA POÑER A ALARMA

Boas tardes familias:

 

Como ben sabedes nos últimos meses o cole ven sufrindo constantes roubos e actos de vandalismo.

 

Nas últimas semanas tanto desde a dirección do colexio como desde a directiva da ANPA presentamos unha solicitude ao Concello para que instalen un sistema de alarma no edificio do colexio para evitar estos actos... que ademáis vemos que están indo a peor. De momento non recibimos resposta.

 

Por este motivo estamos organizando unha recollida de firmas para que todos os pais e nais que o desexen o asinen e seunan a esta petición.

 

Deixamos copias dos documentos nas librerías Ler e A Repro para que poidades ir asiar. Pode asiar calquera pai, nai (ou os dous xa sería mellor) ou titor/a legal de ser o caso. 

 

A data límite para ir asinar é o día 15 ás 10:00 da mañá.

 

Desde a ANPA queremos animarvos a que asinedes o documento para poñer fin a este problema o antes posible. 

 

Tamén decirvos que a primeira recollida de firmas, xa se entregou (aínda que foron poucas) pero, ao comezar no concello un novo alcalde o día 17 vemos adecuado poder entregar as novas firmas ao novo alcalde.

 

Moitisimas grazas.

 

 



page | by Dr. Radut