Skip to Content

NOVO PRAZO ADMISIÓN ALUMNADO

NOVO PRAZO ADMISIÓN ALUMNADO

RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

 

Segundo o Acordo publicado no DOG do 6 de maio de 2020, sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado, a Dirección do centro informa do seguinte:

 

NOVO PRAZO  Admisión alumnado 2020/2021 O novo prazo de presentación é dende o 11 ao 18 de maio. Lembrámoslle ás familias que este trámite tamén pode ser realizado desde o portal da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

 

 

NOVOS PROCESO DE AMISIÓN

 

Presentación acreditativa dos criterios do baremo: ata o día 26 de maio (só se hai que baremar)

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

 Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

ALUMNADO DO NOSO CENTRO OU DE CENTROS ADSCRITOS

 

O alumnado do noso centro que continúa no CEIP Barrié de la Maza (non cambia de centro) no vindeiro curso académico 2020-2021, non ten que realizar ningún trámite neste momento. Tampouco ten que realizar ningún trámite neste momento o alumnado dos centros adscritos que xa ten feita a reserva de matrícula.

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO 

 

O horario de atención ao público a partir do vindeiro 11 de maio será de 9:30 h a 13:30 h.

En particular, atenderanse trámites de admisión de alumnado.

Para tramitar certificados e outros procedementos urxentes que non poidan ser xestionados telemáticamente chamarase por teléfono ao centro no mesmo horario ou enviarase un correo electrónico indicando o documento que se necesita.

 

INFORMACIÓN A TER EN CONTA PARA ACCEDER AO COLEXIO

 

  • Segundo as recomendacións de sanidade para a atención ao público, deberasemanter o distanciamento social de 2 metros a distancia de seguridade con outras persoas e seguir as indicacións que atopen no centro.
  • Unha única persoa para a presentación da solicitude.
  • Antes da entrega das solicitudes desinfectaranse as mans con xel hidroalcohólico.

  



page | by Dr. Radut