Skip to Content

VISITA CONSELLEIRA MEDIO RURAL

O pasado venres 12 de maio recibimos no centro a visita da Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, dentro dunha sesión divulgativa desenvolvida por medio rural. Ángeles Vázquez acudiu a esta cita e animou aos nosos alumnos a levar á práctica os consellos dos profesionais e trasladar o aprendido durante a xornada de hoxe ás súas casas.

A través desta actividade os nosos alumnos/as aprenderon a mellor forma de coidar da natureza e máis en concreto dos montes galegos. Esta actividade enmarcámola dentro do PFPP "Naturalízate" que están a realizar os nosos alumnos durante todo o curso.

A xornada comezou cunhas charlas por grupos, segundo a súa idade, nas que se abordaron temáticas relacionadas coa conservación da natureza e as características do noso monte. Despois, todos os alumnos reuníronse para unha sesión práctica no patio do colexio no que puideron coñecer as ferramentas das que dispoñen os axentes para coidar do monte, previr lumes e, no seu caso, extinguilos.

De feito, tivemos dous vehículos motobombas para que os nenos coñeceran o seu funcionamento. A través desta xornada, os rapaces tamén poderán observar o crecemento dunha planta nas súas propias casas, xa que plantaron unha semente en recipientes plásticos para comprobar a súa evolución.

Estas charlas forman parte das actividades divulgativas que levan a cabo os axentes forestais tanto en colexios como nas súas bases e contempladas no Pladiga.

Premendo neste enlace podedes ver as fotos da actividade.

 




page | by Dr. Radut