Skip to Content

Xornada única

Durante o mes de febreiro terá lugar a votación para a implantación da xornada única a partir do vindeiro curso.

Con este motivo informámosvos de como quedaría o horario (de outubro a maio) no caso de ser aprobado:

• Horario de clase: 9:30 a 14:30.

• Comedor e tempo de lecer do comedor: 14:30 a 16:15 (os luns ata as 16:30).

• Biblioteca: todos os días de 15:15 a 16:15.

Non se cambiaría nin o horario de entrada (9:30) nin o de saída (16:15, os luns ás 16:30), polo que non afecta ao horario das familias.

 

Agardamos a vosa participación (confirmarase máis adiante a data exacta da votación)



page | by Dr. Radut