E COMO XA É RUTINA NA NOSA AULA, REALIZAMOS UNHAS PEQUENAS ACTIVIDADES DE INICIACIÓN PARA OS MÁIS PEQUES. ASÍ, OS MAIORES TAMÉN REPASAMOS CONTIDOS QUE DESPOIS DO VERÁN PODÍAMOS TER ESQUECIDOS.
MOITOS, POUCOS E NADA.
Para comezar, temos que ter ben claros determinados conceptos, polo que... aló vamos!!!
Despois de identificar onde hai moitos, poucos e nada, púxemonos mans á obra e colocamos nós mesmos os pratos segundo as diferentes premisas.
Pero a situación comezou a complicarse!!! Como podemos facer para que no prato de "Manolito" haxa poucos? e moitos? e nada?
IGUALMENTE, REALIZAMOS A MESMA ACTIVIDADE COLLENDO OUTRO TIPO DE MATERIAL MOI COTIÁN PARA NÓS.
E SEN QUERER, COMEZAMOS A DARLLE UNHA VOLTA Ó XOGO E REALIZAR CONTEOS.
O BO DE TODO ISTO, É QUE COMO OS GRANDES SOMOS FANS NÚMERO UN DO ABN, INCITAMOS ÓS MÁIS PEQUENOS E PEQUENAS EN MOMENTOS DE XOGO LIBRE.
A MONTAXE DUNHA RECTA NUMÉRICA!!!!
OU É QUE XA VEXO ABN EN TODAS AS PARTES??