Hoxe, día 22 de decembro, tivo lugar no centro o festival de Nadal no que participou todo o alumnado. Estivo presidido polas Súas Maxestades que ademáis fixeron entrega dos premios do XII Concurso de tarxetas de Nadal.
Foi premiada unha tarxeta en cada ciclo e unha delas foi elexida como tarxeta gañadora:
*Premio especial a todo o alumnado de educación infantil.
* Miguel Piñón Tojeiro, gañador do 1º ciclo de primaria.
*Carla Novo Graña, gañadora do 2º ciclo de primaria.
*Damián Pena Piñón, gañador do 3º ciclo de primaria.
*A tarxeta gañadora do concurso foi a de David Galdo Martínez, alumno de educación infantil.
As nenas e nenos de infantil quérennos amosar as súas postais navideñas. Entrade na galería e verédelas.