Skip to Content

Escolares

Día da non violencia de Xénero. 25N

Un ano máis, o 25 de Novembro, celébrase o Día da Non violencia de Xénero, un día no que se pretende dar consciencia das desigualdades existentes entre ambos xéneros en pleno Siglo XXI. Igualmente, a violencia de xénero segue sendo unha das principais lacras da nosa sociedade, polo que desde o CEIP da Barqueira, quixemos darlle unha volta e traballar todos estes aspectos a través do deporte, e neste caso do fútbol.

Así, tivemos a enorme sorte de contar no noso centro con Marisa Villa, primeira delegada arbitral do fúbtol español, primeira muller en conseguir o ascenso como asistente na Primeira división española e catro veces olímpica. Por isto, falar de Marisa é falar dunha institución dentro do mundo da arbitraxe español onde permaneceu ata o ano 2013, data da súa retirada. Porén, a súa carreira deportiva non termina nese ano, xa que continúa traballando a favor da arbitraxe, tanto na Federación Española de árbritos, como a nivel FIFA. Marisa actualmente é a coordinadora no novo corpo de mulleres árbritos que acaba de constituirse. Igualmente é delegada observadora arbitral na UEFA e instructora de árbritos na FIFA. CASE NADAAAAA!!!!!

Marisa veu acompañada por Ignacio Iglesias, árbitro de fútbol español da Primeira división, pertencente ó Comité de árbitros de Galicia. Nacho leva máis de dezasete anos na máis alta división onde forma parte dun grupo privilexiado de tan só vinte persoas que forman parte da élite da arbitraxe no fútbol. Con 137 partidos arbitrados pode presumir tamén de ser mestre de Educación Física.

Con estes espectaculares currículos, Marisa e Nacho, contáronnos a súa experiencia persoal no mundo da arbritaxe, que os levou a formar parte dese mundo, que valores lles inculcou o deporte, a violencia que sufren ás veces nos partidos, as experiencias en campos de fúbtol do máis desagradables, as diferenzas que existen noutros países á hora de realizar este deporte, as dificultades das mulleres na incorporación nun mundo que a sociedade establece debe ser de homes, os estereotipos errados que da muller se ten con respecto as súas habilidades físicas e a realización de deportes de élite.

Finalmente, tivemos a oportunidade de realizarlles as nosas preguntas e mesmo.....ASINÁRONNOS AUTÓGRAFOS!!!!

 

   

           

A verdade é que foi unha actividade que abarcou moito máis do que esperábamos inicialmente, que fixo reflexionar ós pequenos/as e que nos descubriu un mundo que aínda que é moi cercano, descoñecemos enormemente. Nós pasamolo en grande, así que esperamos que eles marchasen igual de contentos que nós.

MILLÓNS DE GRAZAS A MARISA E NACHO!!!!!

 

BUSCANDO Ó TRASNO TROULEIRO NAS FRAGAS DO EUME

Como xa sabedes, últimamente o noso Trasno Trouleiro anda a facer moitas das súas trasnadas, polo que nunha das súas derradeiras cartas, comentounos que aínda que traballaba na Biblioteca do noso centro, esa non era a súa casa, senón que vivía nas fragas. Por isto, decidimos ir a buscalo nunha das máis coñecidas de todas, as fragas do Eume, visita que aproveitamos para vincular ós diferentes proxectos de traballo que se están a traballar nas diferentes aulas.

Pasamos grande parte da saída, sentindo ó Trasno no ruxir do río, no movemento das polas das árbores, no olor da fraga...

Porén, non conseguimos velo en persoa, aínda que si na pirámide máxica na que adoita aparecérsenos Sorprendido

Velaquí tedes algunhas imaxes do ben que o pasamos...

   

 

Aínda que o buscamos por todos os recunchos da Fraga, non fomos quen de atopalo, pero si vimos cousas espectaculares nun contorno privilexiado.

   

Por outra parte, os máis maiores tiveron a oportunidade de adentrarse moito máis nas Fragas e ver cousas igual de impactantes.

   

 

MÍRADE QUE PAISAXES MÁIS PRECIOSAS!!!!! TEMOS AUTÉNTICOS TESOUROS EN GALIZA!!!!!

   

 

Á VERDADE É QUE O PASAMOS EN GRANDE...

 

   

 

COÑECENDO A FREDO FOX.

Continuando coa conmemoración do día universal do neno, recibimos no noso centro a Fredo Fox, un peculiar raposo que nos explicou os nosos dereitos e deberes como nenos/as que somos. Nesta liña, comentou tamén as necesidades que viven moitos pequenos/as polo mundo, na educación, na sanidade e mesmo na súa vida diaria. Á verdade que somos uns auténticos afortunados!!!! Por todo isto, comprendemos que con pequenos xestos, podíamos facer grandes cousas para axudar ós nenos/as máis desfavorecidos.

 E así foi como nos convertimos en superaxentes dos dereitos da infancia.

    

 

 

Día Universal do neno.

O día Universal do neno, celébrase todos os anos o 20 de Novembro, un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo. Así, trátase dun día de celebración dos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos/as máis desfavorecidos, dando a coñecer os dereitos da infancia e concienciando ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Para celebralo, cada ano o Concello de Cerdido, convídanos a que os nosos nenos/as poidan expresar as súas opinións en voz alta e clara. Así, durante este día, os máis pequenos poñen nas mans da política as súas preocupacións e necesidades.

Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos, e o guapísimos que nos puxemos todos/as para ir ó Concello...

 

  

 

Nesta liña, e como todos os anos, contamos cun representante por aula para dar voz ós nosos dereitos, coa diferenza que por primeira vez tiñamos unha voz que respondeu polos dereitos da clase de Educación Infantil.....QUE BEN O FIXERON TODOS!!!

    

                                 

Porén, todos/as os demáis, tamén tivemos a oportunidade de expoñer as nosas peticións.

           

Unha vez finalizado o pleno co alcalde, realizamos a nosa ronda habitual polas instalacións do Concello, para ver se todo seguía igual.

Nesta liña, algunhas cousas cambiarían, pero a nós o que máis nos segue gustando e sentarnos na silla do alcalde....

                                          

 

Finalmente, ata tivemos todos un agasallo!!!! GRAZAS.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut