Skip to Content

Escolares

Lecto - escritura.

Gústannos tanto as nosas rutinas de ABN, que en mitade dunha das nosas actividades matemáticas, os pequenos/as propuxeron darlle novas utilidades ós nosos cubiños de cores e formar letras. Por suposto, pareceume unha idea fantástica e foron eles os que programaron a súa propia actividade. TÉÑENME ENCANTADA!!!

ASÍ QUE...MANS Á OBRA!!!

      

Aínda así, aproveitando a actividade e posto que non temos tantos cubiños para todos/as, realizamos outras actividades de lecto - escritura de forma paralela...

   

 

                                 

 

 

 

 

ABN

Continuamos coas nosas rutinas de ABN, sobre as cales, e para estar comezando, somos uns cracks. Así, e   despois do traballo de moitos - poucos - nada, seguimos avanzando con "pon máis ca min" - "pon menos ca min" - "pon igual ca min"...

         

Igualmente, en sesións posteriores, realizamos o mesmo proceso por parellas e tendo de referencia un modelo. A cousa empezouse a complicar, xa que tiñamos que estar moi atentos, porque cada un debía seguir unha consigna diferente.

                          

Máis tarde, realizamos equivalencias de secuencias, algo que pode parecer sinxelo pero que leva moito traballo detrás. Así, deben ser capaces de orientarse espacialmente, ubicar cores, cantidades, posicións, equivalencias... SEGUIREMOS PROFUNDIZANDO NESTA TAREFA.

     

 En días posteriores, realizamos unha carreira numérica, de forma que, aproveitando a recta dos números que temos no chan da aula, cada un asignouselle unha cantidade. Así, debían acordarse da mesma, xa que no pistoletazo de saída, debían coller os cubitos de cores, volver ó seu número e que a cantidade de elementos fose correcta.

   

Posteriormente complicámolo, xa que debían cambiar os seus cubiños cun compañeiro/a, contar a nova cantidade e ir correndo a buscar o seu novo número....A VERDADE É QUE NUNCA NOS GUSTARON TANTO AS MATEMÁTICAS.

 

Finalmente, nunha das derradeiras sesións de ABN, realizamos e buscamos conxuntos idénticos. Así, cada un tiñamos un plato cunha cantidade determinada de elementos, debíamos saber cantos eran e correr a buscar ó noso "compañeiro igual" pola clase.

     

 

CONTINUARÁ

 

 

Ciencia na Barqueira

Aínda que o noso día dos obradoiros científicos, foi cambiando de día en respostas ás necesidades de cada semana, aquí tedes algún experimento máis realizado ata o momento.

 

TINTA INVISIBLE

Este obradoiro xa o realizaramos o curso pasado, aínda que en plena época de Samaín, os pequenos/as non paraban de solicitar un experimento ligado a estas datas. Por isto, decidimos repetir un ó máis puro estilo das meigas máis experimentadas e realizamos tinta invisible con elementos de uso cotián.

                    

 

OBTEMOS CORES SECUNDARIAS A PARTIR DE CORES PRIMARIAS.

Un experimento do máis sinxelo, aínda que sorprendentemente... ENCÁNTOULLES!!!! Algún ata dicía que se atopaba nervioso por ver que cor saía. Canso Eu creo que o que máis lles gustou foi experimentar con elementos de auténticos científicos. Aquí tedes unha pequena mostra do invento...

1º fixemos as cores primarias en diferentes probetas.

2º. Estabelecemos as nosas hipóteses ó respecto.

3º. MANS Á OBRA

               

 

                                  

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut