Skip to Content

Escolares

MATEMÁTICAS 1°, 2° E CIENCIAS DA NATUREZA 1º, 2º, 3º

Bo día rapazas e rapaces.

Un día menos para deixar atrás esta situación. Aínda quedan uns cantos días por diante así que, para non perder o hábito, vou deixar varias ligazóns para que poidades ir repasando ao voso ritmo.

  MATEMÁTICAS CC NATUREZA
1º EP

Click aquí

Click aquí

Click aquí

Click aquí

2º EP

Click aquí

Click aquí

3º EP

 

 

Esta é a miña proposta, pero tedes unha morea de recursos na rede (VEDOQUE, MUNDOPRIMARIA, CEIPLORETO,...) onde poder escoller.

Non deixedes pasar a oportunidade de participar na elaboración dos vosos diarios de corentena, que á volta compartiremos cos compañeiros e compañeiras, e dedicada un intre, todos os días, á lectura.

Un saúdiño Guiño 

Fernando

 

**** No caso de que non nos deixe entrar: a maioría das actividades multimedia están pensadas para ser executadas nun ordenador habilitando o permiso a Adobe Flash Player. De non ser posible podemos acceder a estes ou outros links a través do seguinte roteiro:

CEIPLORETO/CURSO/EDITORIAL (a que queirades) e, unha vez dentro escollede as unidades didácticas relcionadas coa saúde, hábitos saudables, alimentación,... e todas as actividades que queirades Guiño

 

CIENCIAS SOCIAIS 4º, 5º e 6º (17-20 de marzo)

Comezamos repasando xeografía. Actividades para 4º, 5º e 6º de EP.

 

O territorio de España: Comunidades Autónomas


O territorio de España organízase en 17 comunidades autónomas e dúas cidades autónomas (Ceuta e Melilla).

 

Cada comunidade divídese en provincias. Por exemplo, a nosa comunidade autónoma, Galicia, ten catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

 

Á súa vez, cada provincia divídese en municipios, como o de Cerdido, que xunto a Cedeira, Ortigueira, Ferrol, Narón, As Pontes, e moitos máis, forman a provincia da Coruña.

 

Neste mapa imos a empezar repasando as comunidades.

 

 

 

Actividade 1

 

Actividade 2

 

Actividade 3

 

Actividade 4 

 

Actividade 5

 

 

 

Ao final da semana podedes probar a anotar ou facer capturas de pantalla coas vosas máximas puntuacións en cada xogo e deixar un comentario se vos apetece. Pero non vale facer trampa! Jejeje

 

O venres máis xogos.

 

Marisol.

soledl@edu.xunta.es

TAREFA PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

Propoñemos a seguinte tarefa, dirixida de 6 a 12 anos, para realizar diariamente durante o tempo que permaneza o centro pechado:

 

 

Imos escribir un diario en galego onde contemos todo o que facemos cada día e como nos sentimos.

Poden engadirse debuxos e pode facerse tanto en papel como en soporte dixital.

Cando voltemos á escola serán entregados aos mestres e mestras para ser correxidos.

Lembrade:

- Poñer a data.

- Coidar a ortografía e a presentación (podemos utilizar diccionarios se é preciso).

- Usar correctamente as maiúsculas e os signos de puntuación.

- Manter un orde e coherencia á hora de redactar.

Non hai extensión mínima nin máxima, cada neno escribirá o que poida en función do seu nivel.

 

Saúdos e que teñades moi boa semana! 

As mestras e mestres do CEIP da Barqueira.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS.

Despois de moito traballar, chegou o día, a XORNADA DE PORTAS ABERTAS. Así, os nervios afloraron xa que queríamos mostrar todas as nosas investigacións dos últimos días. Aquí tedes unha pequena mostra do gran día que pasamos  :

DÍA DA CIENCIA.

(1º PLANTA).

 

 

 

 

 

Víchedes o guapísimos que nos puxemos para este gran día? 

MÚSEO ETNOGRÁFICO

(2º planta)

 



 


 

Rematada a xornada de portas abertas, queremos agradecer enormemente ás familias a vosa colaboración neste día tan especial para nós, xa que sen a vosa axuda non sería posible.

MILLÓNS DE GRAZAS!!! Vergoña

Distribuir contido


by Dr. Radut