ANPA
MEMORIAS CURSO 2022-23
A memoria do centro poderá ser descargada no seguinte enlace
A continuación tamén anexamos a memoria da ANPA, visible no enlace seguinte :
RADIO EN IGUALDADE
Toda a semana pasada, cada clase de primaria, realizou uns obradoiros sobre Radio en Igualdade.
Encantadísimos de usar os micros e aprender que tod@s somos iguais, homes e mulleres! Como se falaba na aula de 1º, non hai profesións para homes, nin cores de mulleres... pronto veremos como quedou o traballo realizado este día!
Deixovos unha imaxes, da clase de 1º traballando no obradoiro:
GRAZAS ANPA DO CEIP A RÚ
A POR TRAERNOS ESTA FERMOSA ACTIVIDADE ÁS AULAS E GRAZAS TAMÉN Á ASOCIACIÓN AGARESO POR FACERNOS GOZAR TANTO APRENDENDO.
BIBLIOTECA VIVA ANPA
Podemos ler nestes dous documentos en que consiste e o protocolo COVID que segue esta actividade.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Adxunto ficheiros coa información e folla para cubrir.
MÓLLATE POLOS RÍOS
Hoxe a ANPA, xunto con pais, alumnos e profesorado do CEIP A RÚA, molláronse polo río Saíñas, seguindo a campaña" Móllate polos ríos"
O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o 2008, organizando un día de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. Un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Pretenden así concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos de lixo os nosos cursos fluvias como premisa para garantir a súa saúde.
Podesdes ver aquí as fotos do que sacaron esta mañá do río, situado ao lado do colexio, o río Saíñas. Clicade na foto para acceder o album.
Escola de familia no curso 2016-2017
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!