Toda a semana pasada, cada clase de primaria, realizou uns obradoiros sobre Radio en Igualdade.
Encantadísimos de usar os micros e aprender que tod@s somos iguais, homes e mulleres! Como se falaba na aula de 1º, non hai profesións para homes, nin cores de mulleres... pronto veremos como quedou o traballo realizado este día!
Deixovos unha imaxes, da clase de 1º traballando no obradoiro:
GRAZAS ANPA DO CEIP A RÚ
A POR TRAERNOS ESTA FERMOSA ACTIVIDADE ÁS AULAS E GRAZAS TAMÉN Á ASOCIACIÓN AGARESO POR FACERNOS GOZAR TANTO APRENDENDO.