Blogues

Axudas para adquirir libros de texto para o curso 2016/17

Publicouse a Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria en centros sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2016/17.

TIPOS DE AXUDAS

Hai tres tipos de axudas:

1. Participar no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, cursos nos que se manterán os libros de texto do curso 2015/16.

As condicións son:

. As familias deberán entregar os libros que utilizaron no curso anterior.

. O centro garantirá libros para todo o alumnado con renda per cápita familiar inferior aos 9.000 euros.

 

2. Convocatoria para adquirir libros de texto destinados ao alumnado de 1º e 2º cursos de primaria.

As condicións son:

. Para alumnado con renda familiar per cápita igual ou inferior a 5.400 euros, un vale de 170 euros.

. Para alumnado con renda familiar per cápita maior que 5.400 euros e menor ou igual a 9.000 euros, vale por 90 euros.

 

3. Axudas para adquirir material escolar destinadas a todo o alumnado de primaria.

Condicións:

. Alumnado con renda familiar per cápita igual ou inferior a 5.400 euros, un vale de 50 euros.

 

* O alumnado matriculado en 5º e 6º de primaria nos centros incluídos no proxecto EDIXGAL no curso 2016/17 (como é o caso do CEIP A RÚA) están excluídos da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Porén, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar, cando reúnan os requisitos esixidos.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 23 de xuño de 2016.
 

* Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2017.

A solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro docente.

Deberán presentarse en soporte papel no centro docente.

 

 DOCUMENTACIÓN

. Autorización de consulta telemática. No caso contrario deberán entregarse copias do DNI e da declaración da renda das persoas físicas.

. Fotocopia do libro de familia.

. Grao de discapacidade, cando exista.

 

O impreso para a solicitude poderá recollerse no centro docente e tamén está dispoñible no portal educativo, na dirección web :http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988

 

 

Normativa avaliación individualizada 3º curso de Primaria e avaliación final en 6º curso de primaria no curso escolar 2015/16

Os vindeiros días 11, 12 e 13 de maio (mércores, xoves e venres) terán lugar nos centros educativos as probas de avaliación final de 6º curso de primaria. Avaliaranse as competencias en comunicación lingüística, competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.

Os días 24 e 25 de maio (martes e mércores) terán lugar as probas de avaliación individualizada de 3º curso de primaria. Avaliarase a competencia en comunicación lingüística e a competencia matemática.

Ver a información na seguinte normativa:

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria e da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia no curso escolar 2015/16.

Listado de beneficiarios das bolsas de axudas a alumnado con necesidade específica de apoio educativo, curso 2015-2016

Publicouse no BOE a resolución pola que se ordena a publicación na páxina web do  Ministerio dos listados definitivos de beneficiarios da convocatoria de axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo do actual curso 2015/16. Pódese acceder no seguinte enlace:

 

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html#dr

 

Por conseguinte, o prazo para a presentación de recurso de reposición por parte dos alumnos comeza o día 21 de abril e finaliza o 20 de maio de 2016.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017

 Comeza o período de matrícula para o curso 2016-2017

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición.

Publícanse, xa que logo, os formularios de solicitudes

Os postos escolares vacantes estarán publicados no taboleiro de anuncios do centro, e son os seguintes:

EDUCACIÓN INFANTIL

  • 4º curso de Educación Infantil (3 anos): 22 prazas + 3 para n.e.e.
  • 5º curso de Educación Infantil (4 anos): 1 prazas
  • 6º curso de Educación Infantil (5 anos): 4 prazas

EDUCACIÓN PRIMARIA

  • 1º curso de Educación Primaria: 2 prazas + 3 prazas para n.e.e.
  • 2º curso de Educación Primaria: 2 prazas
  • 3º curso de Educación Primaria: 5 prazas
  • 4º curso de Educación Primaria: 9 prazas
  • 5º curso de Educación Primaria: 0 prazas
  • 6º curso de Educación Primaria: 4 prazas

 

Prazos:

Artigo 10.2. O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como anexo I da presente orde entre os días 1 e 15 de febreiro de cada ano.

Artigo 14.1. Solicitude de admisión

1. O alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro, o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición cando o número de prazas dispoñibles sexa inferior á demanda, e o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez, presentará a solicitude que deberá axustarse ao modelo normalizado do anexo II desta Orde.

  • Solicitude de admisión e entrega de documentación: do 1 ao 29 de marzo.
  • Presentación de documentación adicional se hai que baremar: do 13 ao 19 de abril.
  • Publicación de listas provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
  • Reclamacións ás listas provisionais: do 26 de abril ao 2 de maio.
  • Publicación de listas definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.
  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Impreso de solicitude de admisión (recóllese en Conserxería)
  • 2 fotografías tamaño carné
  • Fotocopia do libro de familia ou do DNI
  • Certificado médico ou fotocopia da cartilla de vacinas
  • Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou seguro do/a neno/a
  • Certificado de matrícula do centro de procedencia, de ser o caso
  • Certificado de empadroamento (só no caso de baremar)

INFORMACIÓN DE INTERESE

  • Cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Recursos para o entroido (web da CGENDL)

A páxina web da CGENDL acolle unha vez máis un monográfico especial sobre o Entroido con materiais para traballar nos centros escolares e nas casas: http://coordinadoraendl.org/entroido/index.php.

entroido

Neste sitio web reúnense recursos didácticos de diferente fasquía como actividades, vocabularios, manualidades, audiovisual, publicacións, etc.

O blog de 5º curso de Educación Infantil

Presentámosvos o blog deste curso 2015-2016: Os fotógrafos aventureiros

Felicitación do Nadal 2015 do CEIP A Rúa

Bo Nadal e feliz 2016 para toda a comunidade educativa do CEIP A Rúa!
.

PREMIOS AO PROXECTO "VIAXE NO TEMPO"

No curso 2014-2015 O CEIP A Rúa recibiu dous novos premios á innovación educativa. Os dous teñen como soporte o Proxecto   "Viaxe no tempo".

 

  . PREMIO DE ALFABETIZACIÓN AUDIOVISUAL, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD, Orden ECD/2657/2015 de 1 de decembro). Recibimos este premio nacional por segundo ano consecutivo.

"El jurado ha querido destacar este trabajo su forma de promover la alfabetización y desarrollar el pensamiento crítico. Igualmente se resalta el hecho de que a través de él se genera una profunda vinculación con su tradición cultural. Por último se ha valorado que se trata de un proyecto muy sólido en su configuración."

.PREMIO IMPULS, convocado pola Fundació Impuls

Accésit a la mejor experiencia de aprendizaje cooperativo en el aula para el proyecto VIAJE EN EL TIEMPO del CEIP A Rúa (Cangas) presentado por Ana Mª Fernández - See more at: http://fundacioimpuls.org/conoce-los-ganadores-del-vii-premio-impuls/#sthash.rjvAyj30.dpuf

 Áccesit á mellor experiencia de aprendizaxe cooperativa na aula (20/10/2015), para o proxecto VIAXE NO TEMPO do CEIP A Rúa.

Accésit a la mejor experiencia de aprendizaje cooperativo en el aula para el proyecto VIAJE EN EL TIEMPO del CEIP A Rúa (Cangas) presentado por Ana Mª Fernández. - See more at: http://fundacioimpuls.org/conoce-los-ganadores-del-vii-premio-impuls/#sthash.rjvAyj30.dpuf
Accésit a la mejor experiencia de aprendizaje cooperativo en el aula para el proyecto VIAJE EN EL TIEMPO del CEIP A Rúa (Cangas) presentado por Ana Mª Fernández. - See more at: http://fundacioimpuls.org/conoce-los-ganadores-del-vii-premio-impuls/#sthash.rjvAyj30.dpuf

A dotación económica permítenos continuar costeando os proxectos audiovisuais que levaremos a cabo neste curso. Neste proxecto galardoado destaca a nosa participación en Cine en curso como eixo vertebrador de todas as propostas relacionadas coa Pedagoxía do cine.

Proxecto "Piensa, Crea... Acción!" Proxección no Auditorio Municipal de Cangas

O xoves 12 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Cangas proxectaremos unha selección de pezas audiovisuais creadas polo alumnado dos centros participantes no Proxecto Piensa, Crea... Acción! 

Esta proxección forma parte das actividades programadas na convivencia en Cangas con representantes do profesorado e do alumnado dos centros CEIP Santa Marina de Magán (Toledo) ea Escola de Bordils (Girona), que estarán con nós dende o mércores 11 ata o venres 13 de novembro.

O Faro de Vigo recolle así a noticia: A Rúa conecta con Toledo e Bordils

Animamos a toda a comunidade educativa do CEIP A Rúa a participar neste acto.
 
 

Letras Galegas 2016 (Manuel María)

Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei (Lugo) o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador e dramaturgo recoñecido, de extensa obra e inquebrantable compromiso coa lingua galega.

Ver artigo na web da Real Academia Galega.

Distribuir contido