Secretaría
BECAS E AXUDAS MEC PARA ALUMNADO CON NECESIDADES DE APOIO EDUCATIVO- CURSO 24-25
Enviado por mctrasre o Xov, 25/04/2024 - 15:03O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportespublicou o lvenres 19 de abril de 2024 no BOE o Extracto da Resolución de 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidad específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025, incluindo axudas directas para os alumnos con TDAH.
As principais novidades de este curso son:
- Subsidio de 400 euros para gastos de carácter xeral que se concederá de forma automática a todos os beneficiarios, independientemente das rendas das familias e dos resultados académicos dos estudiantes e sen necesidada de xustificación
- No n é requisito imprescindible que o solicitante dispoña de certificado de discapacidade
O prazo de solicitude as becas NEE (Necesidades Educativas Especiales) comeza o 30 de abril e remata o 13 de setembro de 2024, ambos inclusive.
Para máis información prema no enlace
Admision curso 24-25
Enviado por mctrasre o Ven, 01/03/2024 - 00:10INFORMACIÓN SARRIA CONCILIA CURSO ESCOLAR 23-24
TEDES ADXUNTOS AS BASES DE SARRIA CONCILIA, UN PDF CON MÁIS INFORMACIÓN E A FICHA DE INSCRIPCIÓN.
SOLICITUDE DE PRAZA DO 21 AO 25 DE AGOSTO, AMBOS INCLUÍDOS
LIBROS DE TEXTO CURSO 23-24
No arquivo adxunto podedes atopar os libros de texto para o curso 23-24.
SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR CURSO 23-24
Enviado por mctrasre o Mar, 04/07/2023 - 10:40As familias podedes presentar xa o modelo de autodeclaración do comedor.
PRAZO PARA FORMALIZAR A AUTODECLARACIÓN DE COMEDOR:
DO 4 AO 7 DE XULLO 2023 NO CENTRO E SEMPRE ANTES DO DÍA 1 DE SETEMBRO 2023 SE O MANDADES POR CORREO ELECTRÓNICO
HORARIO DE 10h a 13h
Tamén podedes mandala por correo electrónico ao centro ceip.antonio.fernandez.lopez@edu.xunta.gal
Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar
Convocatoria de fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial para o curso escolar 2023/2024.
Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
As solicitudes presentaranse prefereiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia. https://sede.xunta.gal
Opcionalmente poderase presentar as solicitudes presencialmente nos centros escolares.
- O prazo para presentar solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).