Complementarias

O NOSO COMPOSTERIO #RetoResponsables

O CEIP Plurilingüe Antonio Fernández López é unha escola comprometida co coidado da terra e a construción dun mundo mellor. Mediante este proxecto os nenos e nenas aprenden a observar e comprender o ciclo da materia orgánica, así como a facerse cargo dos residuos da escola e crear o seu compost. Introducir o comedor escolar no proxecto é un punto clave para unha aprendizaxe significativa e unha coherencia global. Con este proxecto unímonos ao 1º reto de Voz Natura: #RetoResponsables

 

DÍA MUNDIAL DA ARTE

Para celebrar o Día Mundial da Arte desde a asignatura de Art decidimos recrear varias obras de arte. E velaquí o resultado!

CONVIVENCIA CO COLE DO INCIO

O mes pasado tivemos unha visita moi especial, a dos nenos e nenas do cole do Incio. Cando chegaron fixemos varios xogos pa coñecernos todos un pouco mellor. Despois, tivemos a actuación do mago Carlos, que nos sorprendeu con numerosos trucos de maxia que deixaron aos nenos e nenas abraiados. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos. 

 

 

 

 

Distribuir contido