Escolares

SEMANA DA PRENSA E DA MULLER

Esta semana convertémonos en periodistas, e entrevistamos a mulleres moi vinculadas a vida diaria do cole.

 

O alumnado de 6º de E.Infantil realizou unha entrevista moi especial que gravou para Radio Antolín. Queredes saber a quen? Dádelle ao play.

 O alumnado de 6º de E Primaria entrevistou a persoa encargada de axudarnos a manter o cole limpo. Que lles contaría?
 
 

TREPAR POLA DIVERSIDADE PARA ALCANZAR A IGUALDADE

O noso lema hoxe e sempre é Trepar pola diversidade para alcanzar a diversidade.



Esta semana os biblioaxudantes estiveron exercendo de contancontos nas clases de Infantil e 1º e 2º. Entre os contos elixidos estaban Non fai falta a voz.

 

 

VISITA AOS BOMBEIROS

 O alumnado de Infantil, 1º e 2º desprazouse ata o parque dos Bombeiros de Sarria para coñecer o seu traballo. Alí ensináronlle a roupa do seu uniforme, o camión de Bombeiros, o camión grúa, como fan excarcelacións...

Mil grazas por toda a vosa paciencia! O alumnado quedou encantado con todo o que lles ensinastes!!

VISITA DO CD LUGO

O Club Deportivo Lugo visitounos o pasado martes. O xogador Pablo Clavería compartiu experiencias con todo o alumnado. Ademais, agasallounos cunha entrada para o partido que o equipo disputará en Lugo o vindeiro Domingo. Moitas grazas pola visita!

 

COÑECEMOS EXIPTO COA CLASE DE INFANTIL

O alumnado de 5º e 6º de Infantil estivo coñecendo a vida no Antigo Exipto. Quixeron gravar este vídeo onde nos contan todo o que aprenderon!

 

E na seguinte foto, podedes ver todo o que traballaron!

Distribuir contido