Educación Infantil

O polo Pepe

O alumnado de 6º de Educación Infantil estivo traballando os últimos meses co conto "O polo Pepe". Remataron este proxecto facendo o seu propio conto e ata lles deu tempo de facer un vídeo con todo o seu traballo.

 

 

APRENDEMOS A PREPARAR PASTEL DE PATACA

O alumnado de Infantil preparou un rico pastel de pataca. No seguinte vídeo cóntannos como o prepararon.

COÑECEMOS EXIPTO COA CLASE DE INFANTIL

O alumnado de 5º e 6º de Infantil estivo coñecendo a vida no Antigo Exipto. Quixeron gravar este vídeo onde nos contan todo o que aprenderon!

 

E na seguinte foto, podedes ver todo o que traballaron!

A PREHISTORIA NA CLASE DE INFANTIL

Na clase de 5º e 6º de Infantil están traballando a Prehistoria. Teñen a súa cova onde cada mañá fan a asamblea, xa se converteron en trogloditas, coñeceron as construcións características desta etapa e fixeron unha réplica e xa coñecen tamén como se obtiña o alimento. Que será o próximo que aprendan?

 

Distribuir contido