Normalización e Dinamización da Lingua Galega

DÍA DAS ESCRITORAS

 O día 16 de Outubro celebramos o día das Escritoras, e o alumnado achegouse a Radio Antolín para gravar varios programas especiais sobre grandes escritoras Galegas.

 

CONTOS A CENTOS CON PACO NOGUEIRAS

Que gran forma de celebrar o día do libro! Foi un pracer recibir na nosa biblioteca a visita de Paco Nogueiras Nodar, co seu espectáculo “Contos a Centos”. Lemos, cantamos e bailamos con Do Re Mi polo Camiño e recibimos a Míster Magnolia e ao Chibo Chibón cos brazos abertos!
 

A RADIO DO PATRIMONIO

O alumnado de 6º participou hoxe en Sarria na gravación do programa "A Radio do Patrimonio". Aquí tedes o resultado! 

23 de Febreiro- Día de Rosalía de Castro

O alumnado de 5º resúmenos a vida de Rosalía de Castro e recítanos un dos seus poemas máis famosos:"Adiós ríos, adiós fontes".

Hoxe, a clase de infantil estivo na biblioteca vendo o vídeo dos seus compañeiros e traballando a figura de Rosalía.

Visita do #DígochoEu

Hoxe tivemos a visita do equipo do #DígochoEu. Gravamos un capítulo do seu programa co alumnado de 1º e 2º Primaria. Que gran experiencia vivimos hoxe! Foi un auténtico pracer compartir un rato con eles!

 

WANGARI MAATHAI- PLAN PROXECTA

Empezamos a traballar no Plan Proxecta co título Donas de sí. Este mes investigamos a figura de Wangari Maathai, premio Nobel da Paz. Aquí vos dexamos unha mostra do traballo realizado.

 

Distribuir contido