CONVIVENCIA CO COLE DO INCIO

O mes pasado tivemos unha visita moi especial, a dos nenos e nenas do cole do Incio. Cando chegaron fixemos varios xogos pa coñecernos todos un pouco mellor. Despois, tivemos a actuación do mago Carlos, que nos sorprendeu con numerosos trucos de maxia que deixaron aos nenos e nenas abraiados. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos.