2019-2020

A Teatropa convídate a ver a súa adaptación de «As pitas baixo a choiva»

Conmemorando esta data tan especial para nós, para a nosa lingua, o grupo de teatro A Teatropa fixo unha adaptación da obra de Ricardo Carvalho Calero «As pitas baixo a choiva».

Tomade asento ao noso carón e premede no enlace para desfrutala todos xuntos! 

                                                

 

Gracias a cada unha das compoñentes, ás aquí presentes e ás que non saen pero forman parte do elenco desta Teatropa.

 

Conmemoración das Letras Galegas.

 

O vindeiro domingo, 17 de maio, celébrase o día das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero. Clica no cartaz que elaboramos para acceder ás distintas actividades e indagar máis sobre este persoeiro. Esta celebración vai ser especial porque o festexaremos dende os fogares pero cando voltemos á escola farémolo xuntos. Na sección do Equipo de Lingua Galega hai máis recursos e esta semana haberá unha sorpresa para sentirnos máis preto uns dos outros! Orgullosos da nosa lingua, orgullosos da nosa terra.

Día da Paz 19-20

Este xoves, día 30, celebramos o día da Paz. Estivo con nós Alex Ferradás, da asocación Working Wheels, que de xeito altruista imparte charlas de sensibilización e empatía cara as persoas con algunha discapacidade.

Construíndo zoadeiras 19-20

O xoves, 28 de novembro, o alumnado de 4º e 5º curso tivo a oportunidade de aprender a facer zoadeiras.

Charla primeiros auxilios 19-20

Este xoves, 14 de novembro de 2019, o alumnado de 3º a 6º de primaria asistiu a unha charla sobre primeiros auxilios impartida por Mariano Moares, tecnico da Fundación 061 destinado na ambulancia que presta o servizo no noso concello.