Conmemoración das Letras Galegas.

 

O vindeiro domingo, 17 de maio, celébrase o día das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero. Clica no cartaz que elaboramos para acceder ás distintas actividades e indagar máis sobre este persoeiro. Esta celebración vai ser especial porque o festexaremos dende os fogares pero cando voltemos á escola farémolo xuntos. Na sección do Equipo de Lingua Galega hai máis recursos e esta semana haberá unha sorpresa para sentirnos máis preto uns dos outros! Orgullosos da nosa lingua, orgullosos da nosa terra.