O Proxecto Terra, arrancou no cole cunha proposta para “Contribuír a mellorar o coñecemento sobre os espazos que habitamos e sobre a identidade territorial de Galicia, mediante a toma de consciencia e posta en valor destes espazos” , tal e como se contempla no noso plan, partimos dun coñecemento .
Con esta actividade que vemos nas fotos o alumnado terá ocasión de investigar e facer diversas tarefas de búsqueda de animais en perigo de extinción en Terras do Miño.
A través dos códigos QR que podemos ler cunha tablet, descubrimos cales son os animais catalogados a punto de desaparecer en Terras do Miño…
Escoitamos en directo o son dun paxaro, como si estivésemos na Aula de Interperetación de Terras do Miño. Atopáchelo?
Pensamos en mecanismos de axuda para favorecer a preservación deste ecosistema. Facemos un barrido de ideas e elaboramos Plans de intervención para a protección do mesmo.
|
|
OBXECTIVO: 3.2.5 |
Promover iniciativas que favorezan a creación dunha cidadanía consciente do espazo vital onde se desenvolve e da importancia de participar activamente nas actuacións sobre él. |
|
|
OBXECTIVO DE DESENROLO SOSTIBLE: (ODS 15) |
A VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES Coñecemento, posta en valor e propostas de intervención. |
No noso patio, un elemento acércanos á natureza e fainos pensar… qué especie de paxaro virá vivir a este niño?
Lugo, pertence a Terras do Miño, declarada Reserva da Biosfera en 2002.
É a segunda reserva máis grande da Península Ibérica. É a máis grande de Galicia: ocupando o 39% da provincia de Lugo. Imaxinas a importancia de pertencer a Terras do Miño?
Da súa fauna característica, as aves acuáticas, son os vertebrados máis abundantes. Hai unhas 40 especies todo o ano!
No inverno… hai más de 1.500 de estas aves pasando esta época do ano aquí, nas nosas terras.
Delas, algunas están en perigo de extinción, como : a Numenius arquata, catalogada no catálogo de Especies en Perigo.
Qué tipo de niño fai un Numenius Arquata?
Dentro do proxecto Terra disfrutamos dun Hotel de bichos!!! … Os hoteis de bichos son refuxios para que unha variedade de insectos vivan e aporten moitos beneficios para o noso xardín ou o noso horto ecolóxico.
Os insectos e artrópodos colaboran e son moi necesarios no campo. Son insectos benéficos! Mooooi boiñossssss!!!!!
Crisopas, avespas, abellas, xoaniñas e abellóns atopan alí un bo sitio para vivir. Estes insectos polinizan as plantas e controlan as pragas, colaborando na saúde do noso horto.
Podemos estudalos en detalle e velos de preto na nosa casiña de madeira.
O propósito é acercar ós nenos e nenas ó mundo vexetal e animal, a comprender a importancia de preservar os espazos que forman o territorio de Galicia. Unha vez analizados otros espazos, obteremos conclusións e ideas para mellorar o noso propio espazo educativo!