Plan Proxecta +: Proxecto de innovación en dinamización lingüística.

PAROLANDO COA RAPAZADA DE ALBEIROS 2022/2023

Entrevista a Adufeiras de salitre

Boas amigos!!, hoxe comezamos un novo proxecto co alumnado de 5º de primaria do noso cole.

A actividade consistirá nunha serie de entrevistas a persoas da nosa cidade con experiencias vitais e profesionais de todo tipo e que axudan a compoñer unha sociedade plural e con gran riqueza cultural. A peculiaridade destas entrevistas é que o alumnado de 5º fai as funcións de entrevistadores, presentadores, guionistas, decoradores, asistentes de produción, técnicos de son e cámaras. Un traballo multidisciplinar integrado no Proxecto de innovación en dinamización lingüística que forma parte do Plan Proxecta+. Esperamos que vos guste!!!!

 

Distribuir contido