Plan Proxecta +: Proxecto Terra

PROXECTO TERRA 2022-2023

O  Proxecto Terra,  arrancou no cole cunha proposta  para “Contribuír a mellorar o coñecemento sobre os espazos que habitamos e sobre a identidade territorial de Galicia, mediante a toma de consciencia e posta en valor destes espazos” , tal e como se contempla no noso plan, partimos dun coñecemento .

     

 

 

 

Con esta actividade que vemos nas fotos o  alumnado terá ocasión de investigar e facer diversas tarefas de búsqueda de animais en perigo de extinción en Terras do Miño.

A través dos códigos QR que podemos ler cunha tablet,  descubrimos cales son os animais catalogados  a punto de desaparecer en Terras do Miño…

Escoitamos en directo o son dun paxaro, como si estivésemos na Aula de Interperetación de Terras do Miño. Atopáchelo?

Pensamos en mecanismos de axuda para favorecer a preservación deste ecosistema. Facemos un barrido de ideas e elaboramos Plans de intervención para a protección do mesmo.


 

 

OBXECTIVO: 3.2.5

Promover iniciativas que favorezan a creación dunha cidadanía consciente do espazo vital onde se desenvolve e da importancia de participar activamente nas actuacións sobre él.

 

 

 

 

OBXECTIVO DE DESENROLO SOSTIBLE: (ODS 15)

A VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES

Coñecemento, posta en valor e propostas de intervención.

 

 

PROXECTO TERRA 2022-2023

No noso patio, un elemento acércanos á natureza e fainos pensar… qué especie de paxaro virá vivir a este niño? 

 

 Lugo, pertence a  Terras do Miño,  declarada Reserva da Biosfera en 2002.

É a segunda reserva  máis grande da Península Ibérica. É a máis grande de Galicia: ocupando o 39% da provincia de Lugo. Imaxinas a importancia de pertencer a Terras do Miño?

Da  súa fauna característica, as aves acuáticas, son os vertebrados  máis abundantes. Hai unhas  40 especies todo o ano! 

No inverno… hai más de  1.500 de estas aves pasando esta época do ano aquí, nas nosas terras.

 

Delas, algunas están en perigo de extinción, como : a Numenius arquata, catalogada no catálogo de Especies en Perigo.

Qué tipo de niño fai un Numenius Arquata?

 

PROXECTO TERRA 2022-2023

Dentro do proxecto Terra disfrutamos dun Hotel de bichos!!! … Os hoteis de bichos son refuxios para que unha variedade de  insectos vivan e aporten moitos beneficios para o noso xardín ou o noso horto ecolóxico.

Os insectos e artrópodos colaboran e son moi necesarios no  campo. Son insectos benéficos! Mooooi boiñossssss!!!!!

Crisopas, avespas, abellas, xoaniñas  e  abellóns  atopan alí un bo sitio para vivir. Estes insectos polinizan as plantas e controlan as pragas, colaborando na saúde do noso horto.

Podemos estudalos en detalle e velos de preto na nosa casiña de madeira.

O propósito é acercar ós nenos e nenas ó mundo vexetal e animal, a comprender a importancia de preservar os espazos que forman o territorio de Galicia. Unha vez analizados otros espazos, obteremos conclusións e ideas para mellorar o noso propio espazo educativo!

 

Distribuir contido