PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024

ADMISIÓN ALUMNADO

CURSO 2024/2025

Comezo do proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2024/2025.

Instrucións:

Só se pode presentar 1 solicitude de admisión que irá dirixida á dirección do centro que elixiron como primeira opción.

Forma de presentación das solicitudes:

  • A través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
  • Recollendo o formulario Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.

Enlaces de interese:

 

Documentación a presentar coa solicitude:

  • Documento que acredite a idade do alumno/a ( DNI ou Libro de Familia e no seu caso copia e orixinal para o cotexo).
  • No caso de alumnado xa escolarizado e polo tanto procedente doutro centro, terá que presentar certificado de matrícula do centro de procedencia.
  • No caso de separación ou divorcio a solicitude deberá estar asinada polos dous proxenitores, agás casos de violencia de xénero ou perda da patria potestade, e deberán presentar o convenio regulador ou a resolución xudicial de divorcio ou separación.
  • No caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade á Consellería de Educación terán que entregar copia do DNI do pai e da nai do/a alumno/a.

Para mais información sobre o proceso de admisión para o curso académico 2024-2025 prema AQUÍ

Listaxe provisional de admitidos25 de abril 

Listaxe definitiva de admitidos: 15 de maio 

Formalización de matrícula: do 20 de xuño ao 1 de xullo.

Calendario de admisión (prema na imaxe para ampliala)


 

 

ALUMNADO CON RESERVA DE PRAZA NO IES MURALLA ROMANA

Todo o alumnado do noso centro que solicitou reserva de praza no IES Muralla Romana está admitido.

O prazo para renunciar a dita reserva remata o día 28 de febreiro, incluído.

TOUR VIRTUAL DO CEIP ALBEIROS

 

Ven a coñecernos!

se queres concretar unha visita chámanos!

982 870 463

FASE DE RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

As familias que queiran que o seu fillo ou filla estude 1º de Educación Secundaria Obrigatoria no IES Muralla Romana, centro de adscrición do CEIP Albeiros, deberán entregar a solicitude de reserva de praza (anexo I) do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

Formas de presentación de solicitudes:

  1. Na aplicación admisionalumnado. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro. 
  2. Na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  3. Na secretaría do CEIP Albeiros.

As familias que queiran que os seus fillos estuden noutro centro diferente ao adscrito, deberán entregar a solicitude de admisión (anexo II) do 1 ao 20 de marzo.

 

Enlaces de interese:

Anexo I(reserva centro adscrito en galego).

Anexo I (reserva centro adscrito en castelán)

 

Aplicación AdmisiónAlumnado

Enlace á Sede Electrónica.

FESTIVAL

INFANTIL, 1º E 2º EDUCACIÓN PRIMARIA

EDUCACIÓN PRIMARIA (PRIMEIRA PARTE)

EDUCACIÓN PRIMARIA (SEGUNDA PARTE)

Distribuir contido