FASE DE RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

As familias que queiran que o seu fillo ou filla estude 1º de Educación Secundaria Obrigatoria no IES Muralla Romana, centro de adscrición do CEIP Albeiros, deberán entregar a solicitude de reserva de praza (anexo I) do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

Formas de presentación de solicitudes:

  1. Na aplicación admisionalumnado. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro. 
  2. Na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  3. Na secretaría do CEIP Albeiros.

As familias que queiran que os seus fillos estuden noutro centro diferente ao adscrito, deberán entregar a solicitude de admisión (anexo II) do 1 ao 20 de marzo.

 

Enlaces de interese:

Anexo I(reserva centro adscrito en galego).

Anexo I (reserva centro adscrito en castelán)

 

Aplicación AdmisiónAlumnado

Enlace á Sede Electrónica.