Benvida

Benvida

BENVIDOS Á PÁXINA WEB DO CEIP ALBEIROS
Estamos poñendo en funcionamento esta páxina web onde as familias poderán atopar información útil e de interese no día a día do centro.
Está dividida en bloques onde poderán atopar: datos do centro, documentación, novas, enlaces de interés,... que se irán complementando pouco a pouco.
Pero o máis importante nestes momentos cremos que é o bloque dedicado ás actividades sito na marxe dereita, onde os mestres poderán colgar recursos, información, actividades,... Este atópase dividido por niveis e especialidades.
Aclarar que as actividades de audición e linguaxe, pedagoxía terapéutica e departamento de orientación, estarán exclusivamente nesta páxina. Son actividades de reforzo, voluntarias e non avaliables, co fin de que poidan repasar contidos dun xeito lúdico.
Desexamos que sexa de utilidade como medio de comunicación entre todos os membros da comunidade educativa.
Nota: Esta páxina está en aberto. Non precisa rexistrarse para ver o contido da mesma.
Aclarar que a páxina web e a aula virtual son recursos independentes. Aínda que se acceda dende esta páxina á aula, non teñen relación ningunha entre elas.
Distribuir contido