CORRELINGUA

O alumnado de 6ºA resultou gañador do CORRELINGUA na categoría de vídeo. Se pinchas no cartaz levarate ao blog da biblioteca onde poderás ver o traballo. Noraboa!

CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA.

Destinatarios:

  1. Alumnado que no curso 2020/2021 estude en Educación Primaria e fose beneficiario da axuda de material escolar (cheque de 50 €). Neste caso o alumnado está exento de presentar a solicitude e concédenselle as máscaras de xeito automático.
  2. Alumnado que no curso 2020/21 estude en Educación Primaria e non presentase a solicitude de axuda para material escolar e cumpra algún dos seguintes requisitos:
  •  Pertenza a familias  cunha renda per cápita igual ou  inferior a 6000 € (exercicio fiscal 2018).
  • Estea matriculado en educación especial, ou suxeito á tutela da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65% con independencia da renda da unidade familiar.

Prazo de presentación de solicitudes: 16 ao 27 de novembro (ambos incluídos).

Documentación relacionada:

Orde da convocatoria.

Solicitude (anexo I e II)

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES TELEMÁTICAS DO CONCELLO

Na seguinte ligazón atoparán a autorización para inscribirse nas actividades extraescolares telemáticas ofertadas polo concello.

http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/actividades-extraescolares-en-centros-publicos

 

TELÉFONOS DO CENTRO

Lembramos os teléfonos do Centro ao que se une un novo para as xestións de secretaría, para as que debe pedir cita previa.

 

CEIP ALBEIROS. 982870463

EDIFICIO DE INFANTIL. 982870464

SECRETARÍA. 982870466

NOVA ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN.

Se preme na imaxe accede á nova autoenquisa de autoavaliación

LISTAXE DE MATERIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2020/2021

Segundo  a Actualización do Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/2021, o alumnado de educación primaria ten a obriga de usar máscaras durante toda a xornada lectiva en todos os espazos do centro educativo, ademais de acudir cunha segunda máscara de recambio así coma un estoxo específico para gardala en caso necesario, como por exemplo no momento de comer.

Por todo o anterior, o alumnado de Ed. Primaria ademais de adquirir o material correspondente ao seu curso, deberá acudir ao centro con máscara, un estoxo para gardala e unha segunda máscara de recambio cada día. Para o alumnado de Ed. Infantil esta circunstancia considerase moi recomendable. 

Lémbrase que este curso o alumnado non compartirá material de uso propio con ningún dos seus /súas compañeiros/as,  e solicitamos ás familias que todo o material veña identificado co nome do alumno/a.

 

Nos seguintes enlaces atopará o material de cada curso.

4 ANOS EDUCACIÓN INFANTIL

5 ANOS EDUCACIÓN INFANTIL

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

COMEZO CURSO ESCOLAR 2020/2021

En breve indicaranse, por este medio, as datas e organización do comezo de curso 2020/2021.

Na seguinte ligazón pódense consultar as instrucións da Consellería relativas a protocolo COVID-19.

Instrucións adaptación protocolo COVID-19.

Distribuir contido