PROXECTO TERRA 2022-2023

O  Proxecto Terra,  arrancou no cole cunha proposta  para “Contribuír a mellorar o coñecemento sobre os espazos que habitamos e sobre a identidade territorial de Galicia, mediante a toma de consciencia e posta en valor destes espazos” , tal e como se contempla no noso plan, partimos dun coñecemento .

     

 

 

 

Con esta actividade que vemos nas fotos o  alumnado terá ocasión de investigar e facer diversas tarefas de búsqueda de animais en perigo de extinción en Terras do Miño.

A través dos códigos QR que podemos ler cunha tablet,  descubrimos cales son os animais catalogados  a punto de desaparecer en Terras do Miño…

Escoitamos en directo o son dun paxaro, como si estivésemos na Aula de Interperetación de Terras do Miño. Atopáchelo?

Pensamos en mecanismos de axuda para favorecer a preservación deste ecosistema. Facemos un barrido de ideas e elaboramos Plans de intervención para a protección do mesmo.


 

 

OBXECTIVO: 3.2.5

Promover iniciativas que favorezan a creación dunha cidadanía consciente do espazo vital onde se desenvolve e da importancia de participar activamente nas actuacións sobre él.

 

 

 

 

OBXECTIVO DE DESENROLO SOSTIBLE: (ODS 15)

A VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES

Coñecemento, posta en valor e propostas de intervención.