Biblioteca

Anxo Moure visitou a nosa Biblioteca

Na celebración do Día das Bibliotecas tivemos a sorte de contar con Anxo Moure, que ademais de contarnos grandes historias relacionadas co medio ambiente e a árbores, levounos de ruta para ver a cantidade de árbores autóctnonas que temos na nosa escola. Unha gran sorte!

Obradoiros de Samaín

Para celebrar a festa de Samain, o alumnado desfrutou dunha xornada de xogos a través duns obradoiros organizados polo Equipo de Dinaminzación da Lingua Galega.

A continuación podedes ver algunhas das actividades que se levaron a cabo na Biblioteca:

Lecturas de Samaín

Aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras polo Samaín.

Tamén podedes visitar a nosa exposición de "Contos de medo"

 

Nova sinalización na zona de consulta

Na zona de consulta xa é moito máis doado atopar o libro que queremos ou a temática sobre a queremos investigar. Colocamos uns carteis coa CDU ilustrada, e uns listóns que marca onde acaba e empeza cada unha das categorías.

Esperamos tamén que agora sexa máis doado de volver a colocar os libros no seu lugar correspondente.

Distribuir contido

Back to top