Biblioteca

11-F, DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Propostas de actividade

 

 

DESEÑO PARA AS MOCHILAS DO EMPRÉSTITO DA BIBLIOTECA

Ao igual que no curso anterior, levamos a cabo un concurso de debuxo para que a nosa mochila do empréstito luzca a carón do noso proxecto documental sobre o Universo.

Cada nena e cada neno deseñou un debuxo sobre este tema, en negro sobre branco, a unha soa cor, xa que a mochila deste curso é de cor negra. Cada unha das aulas votou de entre todos os debuxos da súa clase e, posteriormente expuxemos os deseños gañadores para que toda a escola procedera a votación.

Aquí tedes todos os deseños

E o gañador foi... o número 7!!!!

MOCHILAS DA IGUALDADE

Este mes de novembro é un mes moi importante, no que aproveitamos a conmemoración do 25-N para traballar aspectos moi importantes como o respecto, o trato igualitario, as mulleres importantes da nosa vida e da nosa contorna, e a igualdade.

Así, aproveitamos para poñer en marcha as mochilas da igualdade, que viaxarán ás casas para que en familia poidades compartir mementos de lectura cos cativos sobre este tema.

25 DE NOVEMBRO. RESPÉCTAME. RESPÉCTOTE

O 25 de novembro conmemórase o Dia contra a Violencia de Xénero. Na escola quixemos afonda no respecto cara o outro sexo, e fixemos unha pequena exposición fotográfica na que os nenos mostraban un cartel coa palabra RESPÉCTOTE, e as nenas portaban un cartel que dicía RESPÉCTAME.

 

Buscapistas. Formación de usuarios.

Durante a semana do 25 de outubro inauguramos a nosa Biblioteca poñendo a proba as nosas aptitudes como detectives, coñecendo as distintas zonas da biblioteca e todo o que alí podemos atopar.

Nada máis chegar á Biblioteca atopabamonos unha maleta, encadeada e pechada cun cadeado que non podíamos abrir. Tamén había unha nota que nos levaba á zona da prensa para buscar unha palabra escondida entre os xornais:

A palabra escondida era MÚSICA. Así aprendimos que na nosa Biblioteca hai unha zona que contén libros con música e cds... Ao atopar esta zona descubrimos unha mensaxe segreda:

Esta mensaxe nos levaba á zona de lectura, a cada un dos grupos a súa zona de lectura, e alí atopábamos unha nova pista escondida entre os libros: dentro dun sobre había un quebracabezas...

Este quebracabezas conformaba a portada dun libro de consulta, e unha vez alí atopábamos un novo sobre cunha nova pista:

A nova pista nos levaba á zona de cómic, que ten unha nova ubicación dentro da Biblioteca. Alí, entre os cómics, atopamos un pendrive, que nos levaba á zona dos ordenadores:

No pendrive había un vídeo duns poemas dun libro sobre Rosalía de Castro. Tocábanos agora buscar a zona de poesía da nosa Biblioteca e atopar ese libro, cunha nova pista:

Xa queda pouco para rematar... Se o misterio queres liberar, nos xogos terás que buscar. Esta era a última pista, que nos levaba á zona de xogos.

Nos xogos por fin atopamos a chave que abría o cadeado e liberaba o misterio!!

 

 

Distribuir contido

Back to top