Biblioteca

As raíces que nos unen: a zona dos noso proxecto

Velaí temos acondicionada a zona da nosa biblioteca que vai estar destinada durante todo o curso escolar ao noso Proxecto "as raíces que nos unen".

Esperamos que desfrutedes moito deste recanto!

Nova Mascota

Buscamos nova mascota para a nosa Biblioteca:

Unha vez levado a cabo este concurso...

E a nosa nova mascota é....

Agora só nos queda dixitalizala para poder incluíla na vida cotiá da nosa Biblio.

Mochilas de Igualdade

Pola conmemoración do 25N ponemos en marcha, un ano máis, as Mochilas da Igualdade, unhas mochilas viaxeiras na que hai contos, historias e biografías que versan sobre a igualdade de xénero.

A continuación podedes ver os libros que inclúen as mochilas de cada un dos cursos da escola:

25N

Unha das actividades que fixemos pola conmemoración do 25 de novembro, foi "vestir" a nosa árbore da biblioteca para a ocasión. Cada nena e cada neno elaboraron unha bolberta morada cunha mensaxe de esperanza e respecto, para poder colgala das súas ramas.

Mochilas viaxeiras

Despois da pandemia, por fin podemos recuperar as mochilas viaxeiras, para que poidades desfrutar en familia de fantásticas lecturas e xogos.

Todas as mochilas inclúen alo menos: un libro de lectura, un cómic (banda deseñada), un libro de consulta, un xogo e un libro de para os adultos da casa.

Ademais de fomentar a lectura, con esta mochila pretendemos que pasedes bos momentos en familia, desfrutando de tempo xuntos.

Na mocbhila viaxa tamén unha libreta, na que podedes facer anotacións, suxestións, contar as vosas opinión e/ou o que máis vos gustou, facer algún debuxo...

Lembrade coidar moito os libros e materiais que van na mochila viaxeira!

Mocila viaxeira do curso de 3 anos, 4º de Educación Infantil

Mochila viaxeira de 4 anos, 5º de educación infantil

Mochila viaxeira de 5 anos, 6º de educación infantil

Mocila viaxeira do curso de 1º de Educación Primaria

Mocila viaxeira do curso de 2º de Educación Primaria

Mocila viaxeira do curso de 3º de Educación Primaria

Mocila viaxeira do curso de 4º-5º de Educación Primaria

Mocila viaxeira do curso de 6º de Educación Primaria

Distribuir contido

Back to top