Biblioteca

Recomendacións Lectoras polo 11 de Febreiro

O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia.

Poder pasarte polo expositor da porta da Biblio para ver unha selección de recomendacións lectores que nos falan de grandes mulleres científicas.

Lecturas pola Paz

No expositar da porta da Biblioteca podedes ver unha selección das recomendacións que facemos desde a Biblioteca para conmemorar o Día Escolar da Paz e da Non Violencia.

Sesión de cine polo Nadal

Unha vez pasada a pandemia, podemos retomar as sesións de cine con todo o alumnado do centro.

Desfrutamso moito e pasámolo xenial!

Nadal na nosa Biblioteca

O Nadal é unha época moi especial para as nenas e nenos, e desde a nosa Biblioteca non quixemos deixar pasar a oportunidad de ofrecer recomendacións lectoras polo Nadal.

No expositor da porta temos á vosa disposición unha selección dos nosos fondos que teñen que ver con esta época tan especial do ano. Pero ademais quixemos facer un calendario de adviento: Un nadal cheo de contos. Cada día lectivo as crianzas podíanse acercar a ver o conto sorpreso que agardaba no calendario, e así poder desfrutalo na biblio da escola.

Bo Nadal!!

3 de Decembro: Día internacional da Discapacidade

A semana do 3 de decembro conmemoramos o Día Internacional da Discapacidade, con diferentes propostas de lecturas e de actividades.

Algunhas das actividades que xurdiron tras a lectura dalgúns contos foron:

Imitación da escritura en Braille (conto "Superniños"):

Realización dun debuxo en branco sobre negro sobre as cores (conto "El libro negro de los colores"):

Distribuir contido

Back to top