Actividades Complementarias e Extraescolares
ENTROIDO
Este ano o entroido ven rápido. Aquí tedes adxunto o documento coas primeiras indicacións por si precisades copia ou algo.
20N DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DAS NENAS E NENOS
Este pasado venres celebramos no cole o día dos dereitos das nenas e os nenos.
É un día importante para conmemorar nas escolas e máis no medio desta pandemia que está a poñer a vida de moitas nenas e nenos moi moi difícil.
Como adultos debemos ter ben presente que na infancia se atopan as sementes do futuro e por iso é tan importante coidalas e protexelas. As nenas e nenos son merecedores de respecto e coidados, como sociedade debemos ser conscientes do importante que é darlles o seu lugar e atendelos como merecen.
Para lembralo, dende o cole, recreamos por aulas os dereitos que teñen e colgámolos da alambrada do centro para que todas as familias e veciñanza os poideran lembrar e desfrutalos.
Todos nos parecen fundamentais, pero recollemos este da web de UNICEF pola importancia que ten no noso contexto.
Mirade o traballo das nenas e nenos
ACTIVIDADE EQUIPO BENESTAR E CONVIVENCIA
Imos a realizar unha actividade de convivencia no centro. Xa vos contaremos máis, pero para comezar precisamos que esteades informados do que imos a facer.
Tedes como adxunto o texto da información para que leades.
DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
O pasado 30 de Xaneiro, como xa ven sendo habitual, conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Este ano entre todo o alumnado do colexio construiron un muro cheo de mensaxes relacionados coa paz. Ó rematar cantamos todos xuntos unha canción moi motivadora composta especialmente para esta data. Premede na imaxe para ver unha pequena reportaxe fotográfica.