Actividades Complementarias e Extraescolares

DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O pasado 30 de Xaneiro, como xa ven sendo habitual,  conmemoramos  o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Este ano entre todo o alumnado do colexio construiron un muro cheo de mensaxes relacionados coa paz. Ó rematar cantamos todos xuntos unha canción moi motivadora composta especialmente para esta data. Premede na imaxe para ver unha pequena reportaxe fotográfica.

CAMPO A TRAVES NA XUNQUEIRA

O pasado 21 de Xaneiro, os nosos/as alumnos/as participaron no campo a través na Xunqueira. Para máis información, visita o noso blog de Educación Fisica.

VISITA A NATURNOVA

Hoxe foi un día cheo de experiencias enriquecedoras, todo o cole visitamos dous espacios didácticos de "A fundación":

  • O centro interactivo de educación medioambiental de Naturnova, onde repasamos e aprendemos sobre multitude de temas: o reciclaxe,o sistema solar, os ciclos da auga, a fauna mariña da ría de Vigo (desde dentro dun submarino!!)…
  • A colección de Arte de "A fundación", onde puidemos sentir e  interpretar diferentes  tipos de arte.

Outra das actividades que máis nos gustou foi o obradoiro de Arte no que o “trebón de pintura”, fíxonos disfrutar a todos! Pasámolo xenial!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido

Back to top